Burela, 15 de decembro de 2021. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou hoxe o investimento de 7.724.640 euros para a remodelación exterior e interior do cuartel da Garda Civil de Burela, para mellorar a súa eficiencia enerxética, gañar en calidade habitacional e convertilo nun cuartel enerxeticamente sostible.
Explicou que esta actuación amosa a aposta do Goberno pola mellora dos servizos públicos, pola seguridade da veciñanza e pola transición ecolóxica “nunha recuperación xusta e igualitaria en todo o territorio, incluida a comarca da Mariña”.
O delegado do Goberno desprazouse esta mañá a Burela onde puido coñecer as instalacións do cuartel, que datan dos anos 90 e no que traballan 78 efectivos. Na visita estivo acompañado polo alcalde de Burela, Alfredo Llano; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez e o xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Miguel Álvarez. Alí foron recibidos polo capitán xefe da Compañía de Burela, Carlos Fernández.
Mellora dos equipamentos do Ministerio do Interior
O proxecto do cuartel de Burela forma parte do conxunto de actuacións que impulsará o Goberno Central en 16 equipamentos do Ministerio do Interior en Galicia co obxectivo de promover o aforrro e a eficiencia enerxética. O investimento, de 21 millóns de euros, procede dos fondos do do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en concreto do Plan de Transición Enerxética da Administración Xeral do Estado. O listado de actuacións foi acordado entre os Ministerios para a Transición Ecolóxica e o do Interior.
José Miñones lembrou que “a transición enerxética é un compromiso prioritario deste Goberno, que debe chegar a todos os ámbitos, e unha esixencia para garantir o futuro das xeracións que nos sucederán”. E explicou que, na provincia de Lugo, o Goberno mellorará tamén as instalacións da Garda Civil en Xove (900.000 euros) e Monforte de Lemos (2,4 millóns de euros), ademais de Burela. O investimento nesta provincia supera os 11 millóns de euros, máis da metade do destinado ao conxunto de Galicia.
Actuación en Burela
No cuartel de Burela, sobre unha superficie de 15.200 m2, mellorarase o aillamento exterior, tanto das paredes como da cuberta asi como as fiestras. Tamén se mellorará a iluminación interior. Por último, prevese a instalación de paneis solares para o abastecemento de enerxía. “Con todo isto aforraremos como mínimo o 30% do total da enerxía do edificio e reduciremos o consumo da enerxía tradicional e emisións de CO2”, engadiu o delegado. A actuación estará rematada en 24 meses.






















Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



