NOTA DE PRENSA
O Diario Oficial de Galicia de hoxe fai publica a resolución da xerencia do hospital de Burela polo que se anuncia a contratación deste equipamento
A XUNTA INVISTE 105.000 EUROS NA A ADQUISICIÓN DUN ECOCARDIÓGRAFO DESTINADO AO HOSPITAL DA COSTA
* Balseiro subliña que este e outros investimentos veñen a materializar o compromiso do actual Goberno de Galicia coa sanidade comarcal e coa mellora da tecnoloxía dispoñible neste centro hospitalario.
A Mariña lucense, 6 de xullo de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol explicou que o Diario Oficial de Galicia (DOGA) vén de facer público no día de hoxe a resolución da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación da adquisición dun ecocardiógrafo destinado ao Servizo de Cardioloxía deste hospital público mariñán.
O investimento previsto para a dotación deste novo equipamento é de 105.000 euros e entre os criterios de adxudicación prima sobre todo as características técnicas que dispoña este aparataxe e as melloras técnicas que poida incorporar.
O deputado popular subliña que este e outros investimentos veñen a materializar o compromiso do actual Goberno galego coa sanidade comarcal e coa mellora da tecnoloxía dispoñible neste centro hospitalario.
O devandito equipamento é moi útil no diagnóstico precoz de enfermidades cardíacas, de feito, pode proporcionar unha abundancia de información proveitosa, incluíndo o tamaño e a forma do corazón, a súa capacidade de bombeo e a localización e a extensión de calquera dano aos seus tecidos. Cómpre lembrar que as doenzas do corazón son a primeira causa de morte na nosa sociedade e a realización de revisións cardiovasculares apoiadas con este tipo de tecnoloxía e cun seguimento continuo do especialista supoñen a mellor garantía para coidar a saúde cardiovascular.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



