Burela, 3 de xaneiro, 2022. A Biblioteca Púbica Municipal de Burela acaba de fallar o Certame de Postais de Nadal. Os premios serán entregados en vindeiras datas na Sala de Arte da Casa da Cultura. A exposición de todas as postais presentadas ao Certame pode visitarse en horario, de luns a venres ,de 11 a 13 horas, e de 18 a 20 horas, ata o vindeiro 21 de xaneiro na Sala de Arte da Casa da Cultura .
Os gañadores, desta edición do Certame, foron os seguintes :
+ EDUCACIÓN INFANTIL:
-1º Premio: Aldara Niñez Gómez (4 anos) CEIP Vista Alegre.
-2º Premio: Leo Álvarez Pernas (3 anos) CEIP Virxe Do Carme.
-3º Premio: Martina Maseda García (5 anos) CEIP Virxe Do Carme.
+1º e 2º de PRIMARIA:
-1º Premio: Pedro Cociña Lestao (6 anos) CEIP Virxe Do Carme.
-2º Premio: Bella Valentina Quiroz Huaman ( 7 anos) CEIP Virxe Do Carme.
-3º Premio: María Quintana Sanjurjo (7 anos) CEIP Virxe Do Carme.
+3º e 4º de PRIMARIA:
-1º Premio: Irene García Hermida (9 anos) CEIP Virxe Do Carme.
-2º Premio: Angela Díaz López (9 anos) CEIP Virxe Do Carme.
-3º Premio: Clara Vázquez (8 anos) CEIP Virxe Do Carme.
+5º e 6º de PRIMARIA:
-1º Premio: Alejandro Espino Quispe (10 anos) CEIP Vista Alegre.
-2º Premio: Nerea Fernández Lorrea (11 anos) CEIP Virxe Do Carme.
-3º Premio: Alejandra Rodríguez Pernas (11 anos) CEIP Virxe Do C Arme.



















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



