Burela, 3 de xaneiro, 2022. Anque a anterior denominación “Organización de Produtores Pesqueiros da provincia de Lugo”, tal como se creou no ano 1986, facía referencia ao ámbito provincial, na práctica dos últimos dez anos a actividade da organización de produtores cíñese fundamentalmente ás frotas de “altura e grande altura” do porto de Burela.
A entidade aprobou por unanimidade na súa Asamblea xeral extraordinaria do pasado mes de decembro este cambio de denominación a “Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (Lugo)”, modificando o artigo 1º dos estatutos sociais, así como a renovación da marca comercial “OPP-7 BURELA” como identificador das súas campañas de promoción.
Esta organización de produtores é unha das máis antigas que se constituiron en España en 1986 con motivo da entrada na Comunidade Económica Europea e para a correcta implementación das políticas comúns de pesca.
Dentro do seu plan de produción e comercialización anual, que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca, inclúense numerosas campañas de promoción que desde a OPP-7 se lanzaron nos últimos anos, como a diferenciación da marca “Merluza de Burela” e outras accións divulgativas e publicitarias de ámbito nacional que identifican ás frotas e ao porto de Burela como orixe de especies de primeira calidade como a pescada do pincho, cabala, peixe espada, tintorera ou bonito do norte, ademais doutras campañas de ámbito autonómico para promocionar outras especies variadas representativas de tódalas súas frotas asociadas.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



