Ribadeo, 3 de xaneiro de 2022. A Xunta e a sociedade deportiva Coto de Caza de Remourelle acordaron esta mañá colaborar na conservación, protección e defensa do medio ambiente. A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o presidente da asociación, José Antonio González, asinaron hoxe a acta de entrega e recepción do inmoble da antiga caseta de legoeiros localizada no lugar de Remourelle, parroquia da Arante, no concello de Ribadeo, en réxime de cesión de uso á devandita sociedade.
Este inmoble, que en décadas pasadas era empregado polas persoas encargadas do coidado e mantemento das estradas e camiños públicos, está situado na marxe da estrada LU-113. Hoxe atópase en desuso, polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda —tras recibir a solicitude por parte da entidade— considerou positivo artellar esta colaboración, que se pecha coa cesión da edificación por un período de 30 anos.
Do Campo indicou que este legado permitirá asegurar a conservación e mantemento, e evitar o seu deterioro por falta de uso; e sobre todo será un punto de encontro desde o que traballar a prol da conservación e do mantemento do equilibrio natural.
Nese sentido, a sociedade de caza comprométese a asumir a execución de actuacións de acondicionamento necesarias para convertelo no local social da sociedade deportiva.
A directora xeral recordou que este inmoble será de uso exclusivo para o fomento e a práctica deportiva da caza e actividades relacionadas coa mesma, e gratuíto para os 140 socios que desenvolven a súa actividade nos concellos de Ribadeo e Barreiros.
Pola súa parte, José Antonio González agradeceu á Xunta a súa receptividade e colaboración ante a proposta realizada pola sociedade que preside xa que grazas a esta cesión poderá dispoñer dun novo lugar de encontro e reunión para os seus membros.
O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, participou tamén no acto e explicou que a sociedade da cazadores lle trasladara este petición ao Grupo Municipal Popular que considerou “moi conveniente esta proposta de cara á recuperación do noso patrimonio”. A Xunta respondeu positivamente á súa solicitude co primeiro paso de cara á recuperación deste espazo abandonado, “o proceso burocrático que remata coa cesión do local á asociación de cazadores. Quero agradecer, polo tanto, ás Consellerías de Facenda e de Medio Ambiente o seu traballo e implicación para que este proxecto sexa un realidade. O seguinte paso será xestionar orzamento para a súa rehabilitación”.
O Grupo Municipal Popular de Ribadeo comeza o ano como o remata: “traballando en beneficio de tódolos nosos veciños e, polo tanto, en beneficio do noso pobo”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



