Viveiro, 21 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro informa que a alcaldesa, María Loureiro, acaba de solicitar unha reunión para falar co Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte. A rexedora solicitou ademais que a esa reunión, alén do Concello de Viveiro, puidesen acudir tamén representantes da Plataforma Sanitaria da Mariña e os alcaldes e alcaldesas da Mariña que o desexen.
Esta solicitude de reunión por parte da rexedora prodúcese tras unha xuntanza, celebrada tamén por petición da alcaldesa, con representantes da Plataforma Sanitaria da Mariña o pasado luns 17 de xaneiro.
En dita xuntanza, a rexedora pretendía abordar a situación do Centro de Saúde de Viveiro e as eivas que se veñen detectando na prestación do servizo. Nesa mesma reunión, acordouse pedir unha xuntanza para falar co Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte sobre esta cuestión.
Nesa reunión coa Plataforma tratouse a situación que se vén dando no centro de saúde dende hai tempo pola falta de persoal. Unha situación que nas últimas semanas se converteu en insostible, tendo en conta que houbo días nos que o centro de saúde contou cun único médico para atender a unha poboación de máis de 15.000 habitantes.
Ademais, tamén se están a producir queixas por unha atención telefónica sobresaturada, polo funcionamento do PAC ou pola xestión das baixas por COVID-19.
Constatouse, asemade, que esta situación se está a vivir tamén noutros concellos da Mariña, xa que todos, nun ou noutro momento, están a sufrir as consecuencias do desmantelamento da atención primaria da comarca. Unha situación que se vén producindo de forma sucesiva tamén nos restantes concellos galegos.
Neste sentido, en virtude do acordado na reunión celebrada coa Plataforma Sanitaria da Mariña, o Concello de Viveiro solicitou unha reunión co Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte para expoñer esta situación. O obxectivo da reunión é solicitar ademais que por parte da Consellería de Sanidade se adopten as medidas oportunas para solucionala. Por último, enviouse unha carta a todos os alcaldes e alcaldesas da Mariña para saber se estarían interesados en participar nesta reunión.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



