Ribadeo, 21 de xaneiro de 2022. O Concello de Ribadeo realiza estes días traballos de mantemento e seguridade no paseo das Aceas, preto da Casa das Algas, co fin de evitar esvaróns ou caídas ocasionadas pola choiva ou pola xeada. Operarios municipais están a instalar unha malla antideslizante nesa zona. As tarefas rematarán nuns días.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, contou que “estes días estamos a facer unhas labores de mantemento no acceso ás Aceas, nun tramo que no que hai varanda bastante importante na Vilavella, onde empeza o tramo das Aceas, ese paseo tan bonito que temos aquí no concello de Ribadeo”.
O edil ribadense subliñou que “son labores de mantemento e de seguridade. Estamos instalando unha malla para que todos eses esvaróns que había e incluso caídas que houbo, procurar que non se volvan repetir. É unha malla de bastante seguridade, antideslizante para pavimentos de madeira e incluso para sendeiros, pasarelas e escaleiras”.
Díaz Freije sinalou que “o estamos instalando con persoal propio da Concellaría de Obras. Pretendemos que ao longo da semana que ven acaben os traballos desta labor que creo que é importante no eido da seguridade para os viandantes que usan esa zona de paseo ou de esparexemento, tanto andando como en bicicleta ou correndo. Esperemos que eses inconvintes que había queden xa superados deste xeito”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



