Foz, 25 de xaneiro de 2022. A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo destina 1 millón de euros ao Plan de Sustentabilidade Turística da Mariña, que ten por obxectivo modernizar e adaptar este destino nos eixos da sustentabilidade e a dixitalización.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do proxecto, que se desenvolverá inicialmente ata o ano 2023 para acadar unha oferta máis innovadora e competitiva, baseada en accións respectuosas dende o punto de vista socioeconómico, medioambiental e territorial.
O Plan dispón de 2,3 millóns de euros de orzamento, dos que a Xunta e o Goberno central confinancian o 45% respectivamente -con 1 millón de euros en cada caso- e a Mancomunidade de Concellos da Mariña o 10% restante, isto é, 225.000 euros incluíndo unha achega da Deputación Provincial de 81.000 euros. Arias subliñou o feito de que “todas as administracións traballen unidas no obxectivo común de avanzar neste tipo de turismo tranquilo e de espazos abertos que tan ben define a esta comarca”.
A iniciativa consta de cinco eixos programáticos que engloban 18 liñas de actuación, orientados a mellorar a xestión de fluxos turísticos, impulsar a dixitalización de infraestruturas e servizos, desenvolver equipamentos e produtos seguros e singulares, diversificar a oferta, e promocionar o destino, todo elo para incrementar o nivel socioeconómico da comarca e frear a perda de poboación rural.
O delegado lembrou que a sustentabilidade é un eixe transversal do modelo turístico galego, tal e como se recolle no actual Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro, que guía o conxunto de investimentos da Xunta neste sector.
Así, lembrou que na Mariña tamén se financian actualmente actividades exitosas a través do convenio coa Mancomunidade de Municipios para a xestión do xeodestino, cun orzamento de 67.200 euros dos que o Goberno galego achega o 80%; entre elas, destacou as rutas de artesanía ou as audioguías.
Tamén destacou o impulso ao Camiño Norte, Patrimonio da Humanidade, que no 2021 empregaron o 5% dos peregrinos que chegaron a Santiago, o que supón case 10.000 certificacións.
Fondos Next Generation
Javier Arias subliñou que a Xunta segue a traballar na mellor xestión dos fondos europeos Next Generation, que permitirán destinar a Galicia máis de 39 millóns de euros para a reactivación do turismo neste Ano Santo, e que se suma ao orzamento que o Goberno galego está a destinar á celebración deste Xacobeo, materializando un investimento de 171 millóns de euros no Xacobeo 21-22
“Galicia volverá a estar de moda este ano, ao igual que o estivo o ano pasado, grazas ao esforzo do sector turístico e ao apoio da Xunta para contribuír á súa recuperación con máis de 120 millóns de euros en distintas liñas de axuda e medidas pioneiras”, afirmou. Medidas como o bono turístico, que permitiu inxectar liquidez mediante o consumo interno, ou o seguro coronavirus para ofrecer un plus de tranquilidade cubrindo os gastos derivados ante un caso de infección por covid.
Con todo isto, engadiu, “o Goberno galego espera mellorar os datos cuantitativos e cualitativos para consolidar Galicia como un destino de excelencia, rendible e sustentable aproveitando o tirón do Xacobeo e os proxectos financiados con fondos europeos Next Generation”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



