Ribadeo, 28 de xaneiro 2022. Tito Suárez, responsable de deportes dos populares ribadenses, pídelle ao goberno local do BNG “traballo” e non “mentiras aos ribadenses, amezas ás entidades deportivas nin insultos á oposición”.
“O problema do Pepe Barrera xa sabemos cal é: o céspede”, indica o popular que engade que “á vista está despois das fotos sacadas o día 27 de xaneiro de 2022 arredor das doce da mañá”, explica.
Nese sentido, Tito Suárez considera que “o goberno local o que ten que facer é gobernar, solucionar o problema e para iso teñen que poñerse a traballar”.
O popular pídelle ao goberno do BNG que se deixe de “demagoxia”; que “non saquen fotos dende o alto, senón que pisen o terreo de xogo para saber como está”, incide.