Ribadeo, 1 de febreiro de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprobou hoxe a marcha dos traballos de desbroce que está a realizar na provincia o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que destina un investimento de 1 millón de euros a este cometido.
A subdelegada desprazouse esta mañá ata Ribadeo para supervisar a evolución dos traballos que se están a realizar na autovía A-8. Estivo acompañada pola xefa da Unidade de Estradas do Estado na provincia, Beatriz González del Riego, e por persoal da empresa pública Tragsa que é a encargada da realización destes traballos.
Isabel Rodríguez destacou os importantes recursos que destina o Goberno a unha actuación que ten por obxecto mellorar a visibilidade e, consecuentemente, a seguridade nas estradas do Estado na provincia de Lugo.
Estes traballos de limpeza, que nestes momentos se realizan nas proximidades do enlace da praia das Catedrais, en sentido A Coruña, comezaron hai unhas semanas na autovía A-8 na zona da Mariña e está previsto que continúen durante todo o mes de febreiro nos concellos de Ribadeo e Barreiros. Posteriormente faranse labores de desbroce noutras estradas que forman parte da rede de titularidade estatal, con prioridade nas vías de alta capacidade.
A subdelegada informou de que ademais dos traballos que están en marcha na comarca da Mariña, tamén se están a realizar actualmente labores de desbroce noutros puntos da A-8, concretamente ao seu paso polo concello de Vilalba, actuación que, neste caso, se está a executar dentro do contrato de conservación da rede viaria do Estado na provincia de Lugo.



















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



