Burela, 2 de febreiro, 2022. A punto de arrincar a segunda volta, Pescados Rubén Burela FS habilita dende esta semana os abonos de media tempada 2021-22 coas tarifas ao 50%.
Seguirán estando dispoñibles as modalidades de socio/a Adulto e Infantil para asistir aos partidos de Primera Masculina e Feminina.
Fronte: A bancada onde está o palco, que percorre toda a banda da pista (Adulto 55 euros//Infantil 12,5)
Lateral: A bancada que queda á altura da pista detrás da portería esquerda (Adulto 50 euros//Infantil 12,5)
Alta: A bancada que se eleva sobre a pista detrás da portería dereita (Adulto 45 euros//Infantil 12,5)
Alta Online
Poderás formalizar a túa alta como soci@ ONLINE a través desta ligazón ou na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta).




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


