Viveiro, 4 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro afronta o ano 2022 cunha política de xestión económica rigurosa e responsable, mantendo as súas contas saneadas e a amortización de débeda prevista, a pesares das dificultades derivadas da pandemia da coronavirus.
“Cumprimos o obxectivo que tiñamos desde o comezo da pandemia: manter todos os servizos para os nosos veciñas e veciñas, sen cambiar para elo a nosa política de contas saneadas e pagando as facturas o antes posible para darlles liquidez a pemes e autónomos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Entre outros indicadores, o concello informa que, tras a execución orzamentaria correspondente ao cuarto trimestre de 2021, constátase un estricto cumprimento do período medio de pago (PMP) e o cumprimento dos prazos para o pago segundo a normativa de morosidade.
Estes dous indicadores serven para avaliar a axilidade en atender as obrigas de pago municipais. No caso do período medio de pago, esta ratio determina o tempo de pago ou o retraso no pago das distintas facturas rexistradas no concello.
Atendendo aos cálculos realizados con arranxo ao disposto na lexislación vixente para determinar este valor, os técnicos constatan que o PMP do Concello de Viveiro é de 3,15 días, cando o límite máximo establecido por lei se sitúa en 30 días.
Respecto ao cumprimento dos prazos de pago a proveedores, tanto no 3º como no 4º trimestre de 2021, cúmprense os prazos establecidos na normativa sobre morosidade, que, entre outras, son a Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais; a Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da lei anterior; e a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
Á súa vez o Concello de Viveiro cumpre co PMP Global e, polo tanto, non figura no listado remitido polo Ministerio de Facenda, que inclúe as entidades incumpridoras e consecuentemente obrigadas a aplicar a medida recollida na Disposición Adicional 94 da Lei de Presupostos Xerais do Estado de 2022.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



