CERVO .- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo asegura que non entende que a vicepresidenta segunda da Deputación “nos bote en cara que non quixeramos adherirnos a un convenio para o mantemento destas estradas, porque nos parece realmente incongruente que teñamos que conveniar algo que só lles compete facer a eles”. Desde Cervo recordan que “as estradas da Deputación que existentes no termo municipal de Cervo son “única e exclusivamente” de competencia do ente provincial”
Nota de Prensa
ARMADA LÉMBRALLE A MÉNDEZ QUE A DEPUTACIÓN É A ÚNICA RESPONSABLE DO ABANDONO DAS ESTRADAS PROVINCIAIS
* A responsable local cree “incongruente” ter que firmar un convenio para levar adiante a limpeza das cunetas das estradas provinciais, obriga que lle corresponde en exclusiva á Deputación
Cervo, 10 de xullo de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, recordoulle á voceira local socialista e vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, que as estradas da Deputación que existentes no termo municipla de Cervo son “única e exclusivamente” de competencia do ente provincial. “Por iso -indicou- non entendemos a que ven a que agora esta señora nos bote en cara que non quixeramos adherirnos a un convenio para o mantemento destas estradas, porque nos parece realmente incongruente que teñamos que conveniar algo que só lles compete facer a eles” recalcou Armada.
“Non é de recibo que a pasividade e o pasotismo ao que nos teñen xa acostumados os señores da Deputación cando se trata de acometer obras ou servizos en concellos de distinta cor política á súa sexa agora precisamente culpa nosa. Hai que lembrarlles que o mantemento das estradas provinciais é algo que é da súa única responsabilidade, e polo tanto, non admitimos que aínda por riba de ter que sufrir o lamentable estado das estradas, teñan ademais a desfachatez de dicir que é por culpa nosa” reiterou Armada.
A edila de Medio Ambiente tamén rexeitou as acusacións de Méndez contra os membros do equipo de Goberno local asegurando que “os que realmente son uns ineptos son os responsables da Deputación, xa que si realmente quixeran facer as cousas coma é debido poderían ter adxudicados estes traballos no mesmo momento en que publicitaron a firma do convenio cos concellos que si se adheriron a ese plan de mantemento de estradas… Sen embargo esperaron ata xullo para facelo, o que demostra que actuaron dese xeito ou por deixadez ou por vinganza política contra os concellos que non quixemos adherirnos” asegurou.
Por último, Armada reiterou que de non comezar a Deputación os traballos o luns, o Concello comezará a limpeza das cunetas pola estrada provincial LU-1501, que une Río Cobo co Porto de San Ciprián “porque igual que tiveron presa en mandar maquinaria para asolagar o Eixo en San Román, se quixeran poderían tamén limpar as beiras dunha das estradas máis transitadas do noso municipio, pero como parece que non o ven así, teremos que ser nós quen lles fagamos o traballo e lles pasaremos despois a conseguinte factura polos servizos prestados”





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



