Lugo, a 10 de febreiro de 2022. O goberno provincial argumenta con frecuencia a falta de competencias da Deputación para enfrontarse politicamente á Xunta de Galicia e para desestimar iniciativas da oposición. Con frecuencia, a propia actuación do goberno invalida eses argumentos. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Vimos de coñecer que a Deputación de Lugo anuncia o equipamento con desfibriladores das Comisarías da Policía Nacional en Lugo, Monforte e Viveiro. O PP non vai criticar esa acción, que se pode entender dentro da colaboración entre administracións. Pero entendemos que é unha campaña máis do señor Tomé, do Partido Socialista. O señor Tomé estanos dicindo pleno tras pleno que non hai cartos na Deputación para financiar servizos que non son competencia da Deputación; usa ese argumento para loitar politicamente e facer oposición á Xunta de Galicia e vemos agora que financia equipamento que debe facer o Goberno de España, neste caso por mediación da Subdelegación do Goberno”.
Castiñeira di en clave irónica: “É posible que tamén neste caso o señor Tomé queira facer de subdelegado do Goberno e con elo terá que equipar tamén con desfibriladores todos os cuarteis da Garda Civil da provincia de Lugo, nese afán de ocupar cadeiras, que o ten tan ocupado”.
O portavoz popular declara: “Esta campaña de propaganda é máis grave que isto. Tomé, como responsable socialista, intenta ocultar a falta de investimento do Goberno do Estado na Policía Nacional na nosa provincia. Vimos de coñecer tamén que o Goberno central desestima a posibilidade de facer a nova Comisaría no barrio da Residencia, algo que é unha petición de todos os lucenses e unha necesidade real”. Castiñeira está convencido de que “o señor Tomé prefire ocultar esta mala noticia dicindo que vai instalar tres desfibriladores nas comisarías da Policía Nacional”.
Os populares fan unha recomendación ao presidente da Deputación: “Céntrese e trate de resolver os graves problemas que ten a provincia de Lugo, que non dá solucionado, como as estradas, a industria lucense e os empresarios aos que non é capaz de axudar, e déixese de velar polas responsabilidades doutros compañeiros, que debe asumir cada un as súas”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



