Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022. O Consello Galego de Pesca constatou no seu último pleno a necesidade de traballar desde Galicia para contrarrestar os plans de Bruxelas e doutras institucións europeas de impoñer limitacións e restricións á pesca con artes de fondo en augas comunitarias pois, alertou, esas medidas afectarían tamén a artes menores existentes na comunidade e cun uso moi estendido como os miños, o bou de vara, os trasmallos ou os rastros de vieira.
A Xunta e os representantes do sector marítimo pesqueiro expuxeron a súa preocupación ante a posibilidade de que se adopten novas medidas restritivas ao abeiro da Estratexia de Biodiversidade para 2030, algo que complicaría a actividade dun importante número de embarcacións e podería derivar na perda de buques e empregos.
Ante esta situación, a Consellería do Mar xa lle trasladou á directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, un informe que mostra a escasa pegada de carbono e a nula pegada hídrica que teñen moitas artes de arrastre de menor tamaño, algo que referendan tamén estudos internacionais.
A maiores, Galicia tamén lle remitiu un informe que sinala a interacción de diferentes elementos alleos á pesca sobre as zonas mariñas protexidas ao tempo que pediu ao Executivo comunitario coñecer os informes biolóxicos, económicos e sociais que sustentan a súa proposta para aumentar as áreas con limitacións á pesca con determinadas artes en augas comunitarias.
O Consello Galego de Pesca constatou a necesidade de reforzar o traballo e os contactos na defensa da pesca de fondo co obxectivo de facer ver ás autoridades competentes que todas as artes de pesca son respectuosas co medio ambiente se se empregan ben. Nesta liña, Galicia xa está a traballar noutros dous informes, un referido ao peso que artes menores de pesca de fondo como os rastros, bous, miños ou trasmallos teñen na frota galega e outro sobre o impacto socioeconómico que terían as posibles restricións sobre a pesca de fondo tanto no sector pesqueiro de litoral como no que faena en augas comunitarias e internacionais.
Co obxectivo de contrarrestar os plans para limitar esta actividade, a Consellería do Mar tamén mantivo encontros a semana pasada con autoridades pesqueiras da Bretaña francesa e fará o mesmo proximamente con outras de Países Baixos ou Irlanda co ánimo de selar alianzas dado que, como Galicia, contan con frotas que se verían afectadas por esas restricións á pesca de fondo.
As accións acordadas no Consello Galego de Pesca dan continuidade ao compromiso trasladado recentemente pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, á Alianza Europea de Pesca de Fondo de defender os seus intereses ante as institucións europeas. No encontro mantido hai unhas semanas con esta organización -que agrupa arredor de 8.000 buques e máis de 22.000 traballadores- a Xunta puxo en valor o bo facer da frota galega e española, que emprega as distintas artes seguindo estritamente a lexislación en vigor. Iso é o que permite, salientou a titular de Mar, que a maioría das pesqueiras nas que faenan os buques galegos se atopen no rendemento máximo sustentable (RMS), o nivel óptimo de capturas que se pode extraer dun caladoiro sen prexudicar o estado do recurso.


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



