BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaron o curso de iniciación ao surf A túa primeira onda que terá lugar en Burela por segundo ano consecutivo dentro duns días.
A edil socialista explicou que “este curso terá unha duración dunha semana, o ano anterior fora dous días e debido á gran demanda de participantes (85 alumnos) decidimos amplialo a cinco días mais. Será do 19 ao 23 deste mes e non ten límite de prazas, sen embargo solo estará aberto o prazo de matrícula ata o vindeiro xoves 15, o venres traballarase en tramitar un seguro de responsabilidade civil a cada participante para comezar o curso como manda a Federación Galega de Surf”.
Remedios López lembrou que “este curso dirixido a nenos e non tan nenos a partir de 8 anos non ten límite de idade, faremos tres categorías diferenciadas por idades en horario de mañá. De 7, 8 e 9 anos será un grupo, de 10,11 e 12 anos outro grupo e o 3º para os mais maiores. Ata a fecha temos apuntados 67 participantes. Os interesados aínda se poden inscribir no Concello de Burela ou chamando no teléfono 982 58 60 00”.
A concelleira do Mar engadiu que “este curso será totalmente gratuíto para os participantes e farase a través da empresa Hola!Ola de Ribadeo, que ten monitores federados e trae todo o material necesario para o desenrolo do curso. Terá por escenario as praias de A Marosa e a urbana, todo vai depender da metereoloxía”.
Alfredo Llano e Remedios López animaron “a toda a poboación a participar, nós estamos intentando fomentar todos os deportes acuático e así tamén dar publicidade ás nosas instalacións, promocionando o concello de Burela, os seus areais con bandeiras azuis e a limpeza das súas augas”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



