Lugo, 15 de febreiro de 2022. José Tomé Roca, candidato á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, mantivo un encontro con representantes das organizacións sindicais para dar conta do seu proxecto. O socialista está a manter reunións para presentar a súa folla de ruta de forma previa ao Congreso do PSdeG na provincia de Lugo, que se celebra este vindeiro domingo, 20 de febreiro.
No encontro cos sindicatos, o socialista incidiu na importancia da política como unha ferramenta “ao servizo dos traballadores e traballadoras”. De feito, Tomé Roca fixo referencia aos seus inicios como sindicalista, antes de formar parte da política activa no PSdeG.
Ademais, Tomé Roca incidiu na continuidade deste contacto entre o partido socialista e os sindicatos. “O meu proxecto para o PSdeG estará sempre disposto ao diálogo e ao traballo conxunto coas forzas sociais”, finalizou.
“Buscamos impulsar a participación, non só dentro do PSdeG, tamén coa sociedade lucense, implicando aos axentes sociais, ao tecido produtivo e asociativo e coa cidadanía en xeral para ser un partido aínda máis útil á sociedade”, sinalou.
O candidato a liderar os socialistas na provincia compartiu cos sindicatos as súas liñas de acción para os próximos anos, entre as que destaca “un impulso ao emprego digno, de calidade e sostible, sobre todo no emprego rural, xuvenil e feminino”.
Tomé Roca tamén expuxo ante as forzas sindicais a súa preocupación por alcanzar unha igualdade social e laboral entre homes e mulleres, así como a defensa do rural para asentar poboación como unha prioridade absoluta.
“Debemos tamén apoiar aos sectores produtivos estratéxicos da provincia: o gandeiro, o forestal, o do mar, o turismo ou a cultura, para o que debemos aproveitar os fondos europeos”, engadiu o socialista.
Nesta mesma liña, o socialista incidiu na importancia de “defender o Estado de Benestar, garantindo a sanidade, a educación, as pensións e a dependencia”. Como exemplo, Tomé Roca falou das residencias impulsadas pola Deputación de Lugo, “que garante o benestar do usuarios e o emprego no rural”.
O socialista incidiu tamén na necesidade “dun plan industrial para a provincia de Lugo e para A Mariña, ademais de infraestruturas que nos permitan ser máis competitivos”. Tamén subliñou a importancia da innovación, “ligada á Universidade pública, que nos permitirá desenvolver o tecido produtivo e o rural”.





















Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



