Alfoz, 21 de febreiro, 2022. Tras as diferentes reunións e declaracións levadas a cavo polo Alcalde de Alfoz durante a última semana, en relación a instalación da Centra Hidroeléctrica Reversible Xistral (CHR Xistral), VIA Alfoz critica a postura pasiva que o goberno local está tomando nunha cuestión tan importante para os veciños e veciñas de Alfoz. Neste sentido, desde o Grupo Municipal, Eliseo Lorenzo di sentirse “cun sentimento de abandono sen precedentes”, xa que as súas declaracións durante a semana, “déixannos cunha sensación de desamparo e orfandade. É máis, se o alcalde non defende os intereses da veciñanza, sendo o máximo representante do pobo, que nos queda? para que queremos tal alcalde?”
Desde VIA Alfoz considérase que a posta en marcha desta instalación “non sería simplemente o asentamento dunha empresa na nosa contorna, é algo máis que nos afecta a todos e a todas”, por iso é preciso que o concello, como institución mais próxima, estea ao lado dos veciños e defenda os seus dereitos e intereses. Desde a Dirección Executiva de VIA Alfoz, presidida por Efigenia Maseda, considérase que non se poden admitir as declaracións feitas polo señor Val, na reunión informativa levada a cabo o pasado mércores, nas que se puideron escoitar afirmacións como “o concello non pode facer nada” ou “os alcaldes non poden estar a favor nin en contra da instalación”, entre outras. VIA Alfoz pensa que o concello ten moito que facer, empezando por defender os dereitos dos seus veciños e veciñas e informando con rigor, xa que “non se pode permitir que un alcalde non sexa capaz de contestar a unha sola das preguntas que se lla realizaron na reunión informativa”. Por outro lado, VIA Alfoz pensa o alcalde non ten que perder tempo pensando no posicionamento a favor ou en contra da instalación, senón que se ten que preocupar de estar ao lado da veciñanza e informalos con transparencia, algo que non está facendo, como quedou patente na reunión do mércores. Ademais, a falta de transparencia está sendo evidente, tras “non obter resposta á petición feita para estar presentes na reunión telemática que a empresa Atalaya Generación tivo cos alcaldes afectados polo anteproxecto”.
VIA Alfoz considera que desde o concello se debe pedir a información necesaria tanto a Atalaya Generación, como ao Ministerio de Transición, para concretar os supostos beneficios socioeconómicos que esta instalación lle vai traer ao val. Preguntado pola coñecida como “Alternativa 0” do anteproxecto, na que se estuda o el balance de beneficios e inconvenientes da instalación, o alcalde de Alfoz foi incapaz de transmitir dato algún. Desde VIA Alfoz non se entende como lle pode sorprender ao Sr. Val de que os veciños se posicionen en contra da instalación, cando a única información da que se dispón unicamente fala dos prexuízos da mesma.
Membros da Dirección Executiva de VIA Alfoz acercáronse esta fin de semana ao lugar de A Grela, un dos barrios afectados pola instalación da balsa inferior preto das vivendas.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



