A guerra sempre é mala, mais se a hai é porque hai quen a considera un mal menor.
Na escola estudei Dniéper, Dniéster e Don como os ríos que corrían cara ó mar Negro no que daquela non sabía territorio Ucraíno. Mais Don, ten abondo máis significados que o nome do río. De habilidade a concesión, pasando polo tratamento de respecto, sexa de xeito debido / ganado ou indebido / roubado, herdado, semellado por impostura ou outras posibilidades. E, en moitos tratamentos administrativos, emprégase o título de ‘Don’ (ou dona) por defecto para calquera persoa. Pode que por iso, para aproveitar o que se interpreta como contraste, haxa quen use a expresión ‘Don Ninguén’ para remarcar que hai persoas que non se teñen que considerar por moito que poñan algún tipo de Don diante, ou sinxelamente, que poden non considerarse. Entendámonos: non é que non se consideren persoas, é ‘como se non se considerasen’.
Hoxe están literalmente de moda as novas sobre a guerra de Ucraína. Que si Putin, a OTAN, incumprimento de tratados, imperialismo, fascismo, a economía… Cinguíndonos a Rusia e Ucraína, rondan os douscentos millóns de persoas. Pregúntome cantas delas estaban hai, poñamos, un mes, traballando para que houbese guerra. E se precisamente son elas as máis prexudicadas pola guerra. Claro, unha vez comezada a guerra, xa non é tan doado a todos eses millóns saír dela, deixala atrás, ou á beira, zafarse como se nada: o normal é que quen queira facelo sexa considerado como traidor a quen, quen tén agarrado o mango, di que son ‘os seus’.
E iso ocorre en tódolos campos, con moitas guerras que parecen máis incruentas, ben porque non se ven as mortes ou a dor tan cerca no tempo ou no espazo, ou nas noticias.
De aí que me considere un Ninguén, sen nin tan só o don diante. Iso si, un Ninguén como moitos outros millóns de ninguén. Mesmo os Don son tamén Ninguén, forman parte desa constelación de ninguén que somos as persoas no mundo. Do mesmo xeito, todos somos Don, pois a todos se nos debe respecto. Pero, para non caer na tentación de crer que ese respecto é un privilexio, ou de usalo como arma, o ser ninguén Ninguén, está ben. Un ninguén máis.
Ser persoa (coma ti) implica ter moitos compañeiros de viaxe neste mundo, queridos ou non, de ideas parellas ou opostas, pero compañeiros na sociedade. Aí está o intríngulis de quen cre que quere cousas diferentes ás que ti: o facerte crer que estás illado, que non tes contigo máis que a algún despistado e a quen por unha ou outra razón, é difícil que te diga ‘non’. Porque illado es tan pouca cousa que non es ninguén. Mais, Ninguén, pensa que si hai xente coma ti, aínda que non os vexas ou non os identifiques. En relación a unhas cousas, serán uns. Respecto a outras, outros.
Quen vai parar o quecemento global ou a contaminación? Os ecoloxistas? Necesarios, si, pero sós, non. Os Don? Cos seus intereses inmediatos, non. Entre todos pode ser posible. Isto é, todos os ninguén, coas contradicións que arrastramos entre nós e internas a cada un, conscientes de que tamén temos intereses inmediatos, árbores que non nos deixan ver o bosque. E sabendo que ó final, tamén os Don son ninguén, tamén con moitas contradicións e poucas solucións a estas alturas. Iso, ou non se fará. Igual que para a paz somos necesarios todos, pero para a guerra, chegado un punto, fan falta poucos. Se houbera dúbidas, aí están os ‘botóns nucleares’.
A sociedade leva poñendo regras dende que existe. Esas regras son cada vez máis complicadas. E non deberan, porque complican a vida. Pero se hai unha carreira cara á complicación, ó menos en parte é porque tamén se procuran cada vez xeitos máis artellados de saltar o espírito co que se constrúen. E iso non soe poder facelo un ninguén dentro deste sistema. Un sistema, como moitos outros posibles, inestable de por si, aínda que capaz de reproducirse se ten recursos. Se os ten.
Aprecio a moitos Don. Pero non por iso deixo de saber que non deixan de ser, tamén, ninguén. Por sorte para todos. Por sorte para a humanidade.
Ninguén, un ninguén.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



