MADRID .- O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños da Consellería do Mar trasladoulle ao director xeral de Recursos Pesqueiros e Acuicultura do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, a reivindicación do sector galego de aumentar o TAC (Total Admisible de Captura) da pescada de cara ao próximo ano ao entender que hai stock suficiente desta especie.
Nota de Prensa
A Consellería do Mar recolle as peticións do sector e solicítalle ao Goberno central un aumento do TAC da pescada
* O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández, mantivo unha xuntanza co director xeral de Recursos Pesqueiros e Acuicultura, Alejandro Polanco, para apoiar e defender as principais reivindicacións do sector galego de cara a xestión da pesquería da pescada sur para o 2011
Madrid, 14 de xullo de 2010.- O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, trasladoulle ao director xeral de Recursos Pesqueiros e Acuicultura, Alejandro Polanco, a reivindicación do sector galego de aumentar o TAC (Total Admisible de Captura) da pescada de cara ao próximo ano ao entender que hai stock suficiente desta especie, sempre baixo a premisa de garantir unha explotación sostible do recurso.
O responsable autonómico de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños mantivo estes días varias xuntanzas cos representantes da Federación Galega de Confrarías e das Federacións Provinciais, por unha banda e coas asociacións, organizacións e cooperativas representantes do arrastre, por outra, para recoller as súas reivindicacións e poñer en común as principais demandas de cara á cota da pescada para o 2011 nas augas do Cantábrico Noroeste.
A Consellería do Mar, os representantes do arrastre e das artes fixas, e as federacións que representan ás artes menores, palangre de fondo e volanta, coinciden tamén en que o reparto das cotas debe establecerse baseándose nos datos comprendidos entre o período 2002 -2009, e non soamente cos datos comprendidos entre 2005 e 2009, dende que se iniciou o plan de recuperación. Fernández Asensio defendeu neste encontro o cálculo que pide o sector galego “porque eses datos son máis uniformes e, polo contrario os outros varían bastante e favorecen aos que sobrepescaron”.
Cabe lembrar que, segundo o establecido na orde aprobada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, as flotas do arrastre e artes menores poden desembarcar semanalmente 100 quilos por buque, a da volanta 200 e a do palangre de fondo 150. Esta é unha limitación aplicable ata acadar o 100 % do TAC asignado pola UE a España.
O director xeral valorou positivamente a participación, por primeira vez e tal e como o solicitaran, das Comunidades Autónomas neste tipo de reunións para “poder defender os intereses da flota galega” e salientou a importancia de sentarse a traballar “todos xuntos” para elaborar o plan de xestión de 2011 “para evitar que se repita a situación deste ano”. Por último, Fernández Asensio confía en que o Goberno Central interceda ante a UE para aumentar un 15% a cota para 2011.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



