Burela, 8 de marzo de 2022. En Burela tivo lugar este mediodía a presentación da segunda edición de Musicarte, o Certame de Vídeoclips Musicais, que organiza a Concellería de Cultura. Poderán participar, ademais de escolas de música, IES de Galicia e adultos non profesionais. O mellor en cada unha destas tres categorías obterá un premio de 400 euros. O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 20 de xuño. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga.
O edil burelés anunciou que “vimos de presentar Musicarte 2 coa presenza de Estíbaliz Veiga, que será a presidenta do xurado un ano máis. A novidade respecto ao ano pasado e que, ademais de haber un premio ao mellor vídeoclip para escolas de música, vai haber outro para IES de Galicia e tamén outro para persoas galegas que non sexan profesionais da música e que poden mandar o seu vídeoclip. As bases van estar colgadas na páxina web do Concello a partir deste venres e os premios serán de 400 euros en cada unha das categorías”.
José Díaz dixo que “animaremos á xente, xa houbo participación de escolas de música galegas e esperemos que tamén participen IES. Hoxe en día coas tecnoloxías dos móbiles é moi fácil facer un vídeoclip que quede ben de calidade no que se poida aportar a parte imaxinativa e demais. Contamos con que a participación sexa boa e que haxa moita xente que opte aos premios, xa non polo premio senón por participar e ir facendo que Musicarte siga crecendo como actividade e como certame para incentivar a música entre os máis pequenos e entre todas as persoas en xeral”.
A presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga, declarou que “Musicarte é unha iniciativa, que dende o meu punto de vista como pedagoga teatral que son, moi atractiva para todos os xoves que se queiran presentar, pero non só para eles, tamén para os adultos non profesionais porque este ano hai un novo apartado que tamén valorará este tipo de vídeoclips. Estou desexando que cheguen ás nosas mans estes produtos cheos de arte e música que, como comunicadora que son, creo que é a mellor forma de comunicar, de facer que teñamos ilusión, de soñar e de volver crer nun futuro mellor”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



