Burela, 21 de marzo de 2022. Durante os meses de febreiro e marzo, o proxecto Burela IN lanzou un concurso arredor da presentación dunha proposta artística que reflicta o carácter mariñeiro da vila, empregando materiais reciclados e acondicionando un muro en desuso, o situado na rúa do Berbés, facendo esquina con Eijo Garay, e que foi cedido pola Confraría de Burela ao Concello de Burela para dedicala a esta actividade.
A pasada semana remataba o prazo de presentación de propostas, recibindo un total de 10 obras artísticas, de distintas persoas e colectivos da Mariña. O xurado, composto polas entidades que forman parte do proxecto, e outras contempladas nas bases do concurso, reuniuse o 16 de marzo para valorar as propostas e nomear á gañadora. O xurado estivo composto por 9 entidades de distintos ámbitos (técnico, artístico, mariñeiro, da inclusión, e de coidado medio ambiental), aportando a súa mirada sobre as obras presentadas.
A obra que salientou sobre todas as propostas foi a nomeada “Burela, o mar e as súas xentes”, presentada polos artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao, que recibirán un premio de 3.000 euros, ademais do apoio do Concello de Burela e as entidades implicadas no proxecto Burela In na realización da obra artística.
“Burela, o mar e as súas xentes”, representa o papel das mulleres no mundo do mar. No esbozo presentado, podemos ver redeiras, peixeiras e conserveiras da Burela industrial; o faro e a cheminea primitiva da fabrica de cerámica de Leandro Cucurny, que facían a labor de guiar aos navegantes. O acondicionamento previo do muro será realizado en conversa coas necesidades da obra artística. Ademais, a obra será realizada tendo en conta materiais reciclados, como redes de pesca, pezas de gres da antiga fábrica de cerámica, varas de bonito, e refugallos recollidos nas praias da contorna.
Novas actividades do proxecto #BurelaIN durante o 2022
Ademais, o proxecto Burela IN continúa a súa andaina para a concienciación sobre a problemática do lixo mariño e a transformación de residuos. Para iso, elaborará unha mostra informativa, empregando os refugallos recollidos nas actividades ambientais, e explicando a súa orixe e consecuencias. Esta mostra terá un carácter itinerante, e será elaborada entre as asociacións participantes no proxecto.
Por último, no mes de xullo, planificamos unha xornada de presentación de resultados, onde convidaremos á cidadanía a participar xunto con todas as entidades e persoas que están a formar parte do proxecto #BurelaIN.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.


