Ribadeo, 29 de marzo de 2022. A Área de Desenvolvemento Local e o Servizo de Orientación Laboral do Concello ribadense poñen en marcha un novo portal de emprego. Segundo o concelleiro Pablo Vizoso “trátase dunha ferramenta segura e eficaz que facilita o contacto entre empresas e demandantes de emprego”. Está dirixido tanto ás persoas que buscan traballo activamente como ás empresas ou autónomos/as que necesitan incorporar persoal.
O concelleiro de Desenvolvemento Local explicou que “o Concello de Ribadeo lanza este portal denominado Ribadeo Emprego como un servizo público á disposición da cidadanía e das empresas e actividades do noso municipio, coa finalidade de contribuír ao impulso do traballo na nosa vila. Forma parte dun proceso de mellora e de modernización da bolsa de emprego que xa existía no Concello e este portal integra tanto a xestión das solicitudes das persoas que están buscando traballo coma as ofertas de emprego das empresas que están levando a cabo algún proceso de selección de persoal. Deste xeito as persoas demandantes de emprego poderán darse de alta no portal e xestionar o seu currículo, que poderán asociar ás ofertas de traballo relacionadas co seu perfil profesional. Recibirán no seu correo electrónico todas as ofertas de traballo publicadas no portal, así como novas relacionadas coa formación ocupacional e co ámbito laboral na nosa contorna”.
Vizoso Galdo contou que “pola súa banda as empresas poden publicar ofertas de traballo para os perfís profesionais que queren cubrir ou que están buscando e recibirán o currículo das persoas interesadas en inscribirse nesa oferta. Contémplase tamén a posibilidade de que as persoas particulares que estean buscando persoal de axuda no fogar poidan dar de alta as súas ofertas de traballo”.
O edil ribadense engadiu que “este portal de emprego chega precisamente a tempo para comezar a cubrir os postos de traballo que normalmente, ano tras ano, se veñen incrementando a partir destas datas, cadrando coa Semana Santa e seguidamente empatando xa coa temporada de verán, polo que agardamos que teña unha moi boa acollida e que tanto as empresas como as persoas que buscan traballo se animen a darse de alta e a publicar e xestionar as súas ofertas e currículos”.
Para acceder ao portal tan só hai que dirixirse ao seguinte enderezo: www.portalemprego.ribadeo.gal.
























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



