BURELA .- Nenos e nenas puideron xogar a fútbol e volei praia, escalar o rocódromo, e practicar piragüismo e tiro con arco, entre outros na xornada lúdico-deportiva, “Lánzate ao Verán”, que se celebrou en Burela. O delegado de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, visitou o acompañado por Neves Cando, tenente de alcalde do concello, e José Antonio Sama, responsable da empresa organizadora desta xornada
Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA VISITOU A EXPLANADA DO PORTO BURELAO, ONDE SE DESENVOLVE HOXE A XORNADA “LÁNZATE AO VERÁN”
O tempo acompañou a esta actividade lúdico-deportiva, e os nenos e nenas puideron xogar a fútbol e volei praia, escalaar o rocódromo, e practicar piragüismo e tiro con arco, entre outros
A Área de Deporte da Deputación promove “Lánzate ao verán” desde a primeira edición, no ano 2008
BURELA, 17 de xullo de 2010. O delegado de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, visitou hoxe a explanada do porto de Burela, onde se desenvolveu durante todo o día a xornada “Lánzate ao Verán”, acompañado por Neves Cando, tenente de alcalde do concello, e José Antonio Sama, responsable da empresa organizadora desta xornada de actividades lúdicas que fomenta o deporte entre a xente nova do concello mariñao.
Na primeira e segunda edicións deste programa de actividades lúdicas que se desenvolven na provincia de Lugo xa participaran mozos e mozas de xeito gratuíto. Nesta ocasión, o volei praia e o fútbol praia, ademais da tirolina, obradoiros, piragüismo e xogos populares son algunhas das alternativas de ocio que o programa de “Lánzate ao verán” preparou para os nenos e nenas asistentes, entre os que se atopaban os que participaron no campus de fútbol base que organizou o CD Burela FS e se estivo a celebrar dende o pasado mércores no concello burelao. Por sorte, o tempo acompañou nesta xornada e todos os xogos e actividades preparadas gozaron dun grande éxito.
A participación neste programa é aberta, e aqueles rapaces e rapazas que previamente se inscribiran puideron ademais participar no picnic-comida e na merenda. A xornada arrancou ás 11 da mañá e ao longo do día moita xente nova disfrutou do circuíto deportivo con 6 zonas de xogo.
As actividades estiveron divididas por emprazamentos:
– EXPLANADA DO PORTO (onde se levarán a cabo as seguintes actividades)
o GRAN XOGO – baixo a temática “Busca do Tesouro da Mariña”, (onde os rapaces terán que ir superando diversas probas de enxeño, deportivas, habilidade, etc., relacionadas con A Mariña Lucense
o OBRADOIROS: Refugallo, Malabares, Globoflexia e Chapas,
o XOGOS- xogos populares (a corda, catabañola, pano, petanca,…), xogos con paracaídas e xincana deportiva.
o INCHABLES – multiarcos, exipcio, multiaventura, rocódromo
o AVENTURA – tirolina, tiro con arco
o MULTIDEPORTE – basket 3×3, fútbol 3×3
o INCHABLES, basket 3×3, fútbol 3×3, rocódromo, tiro con arco e tirolina)
– PRAIA DE PENOURAL – onde se levará a cabo a actividade de PIRAGÜISMO
– PRAIA DO PORTELO – onde se levará a cabo na xornada de tarde a actividade de FÚTBOL PRAIA e VOLEI PRAIA
Ás 13:30 horas tivo lugar a “milla urbana” polas rúas de arredor da explanada, controlada en todo momento pola garda civil, e con saída dende a explanada do porto. Os participantes recibiron como obsequio unha camiseta conmemorativa.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



