Ribadeo, 6 de abril, 2022. No IES Ribadeo Dionisio Gamallo seguen a loita contra a avespa asiática e para iso, contaron un ano máis, coa axuda da Asociación “Os Abelleiros” de Ribadeo. Antonio Valea, Marcos Villamil e Jesús Rodríguez, impartiron para o alumnado de 1º ESO unha conferencia titulada: “Trampeo de raíñas de velutina”.
Antonio Valea comezou indicando as características morfolóxicas que permiten distinguir a velutina doutras especies semellantes, despois explicou o seu ciclo vital e a forma de facer trampas caseiras baratas e eficaces. A continuación, Marcos Villamil, repasou os distintos líquidos empregados como atraentes e insistiu na importancia de comezar a facer o trampeo na primavera. Cada raíña capturada será un niño menos e suporá evitar a saída dunhas 25.000 obreiras e de centos de novas raíñas. Pola súa parte, Jesús Rodríguez, insistiu na importancia de axudar na loita contra unha especie invasora que supón un perigo para as abellas e merma a polinización vexetal.
Polo tanto, estes días, as profesoras de bioloxía Ana Rodríguez, Beatriz González e Susi Besteiro, dedicaron algunha das clases de bioloxía a construir trampas caseiras con botellas de plástico e prepararon no laboratorio atraente barato e eficaz mesturando por cada 2,5 litros de auga, 1 kg de azucre e 25 gramos de levadura fresca.
Como veñen facendo os últimos anos, instalarán algunhas trampas no xardín do instituto pero cada alumno ou alumna de 1º eso tamén se vai responsabilizar de colocar unha trampa nas inmediacións da súa casa sobre algún arbusto ou árbore con flor. Queda aberto un concurso para ver que trampea máis e mellor ata final de curso, animan a toda a comunidade escolar a colaborar no trampeo de raíñas de velutina e dende o IES Ribadeo Dionisio Gamallo agradecen a colaboración da asociación Os Abelleiros.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



