Lugo, 8 de abril de 2022. A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, acompañada da xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, presentou hoxe no Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo a nova campaña que a Consellería de Emprego e Igualdade, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, desenvolverá co título Protexe o traballo do persoal veterinario na túa explotación de gando vacún.
A Xunta quere concienciar da importancia da prevención dos riscos laborais nas explotacións de gando vacún e indicar as medidas preventivas que permitan eliminalos ou reducilos. Nesta ocasión a iniciativa divulgativa pon o foco no persoal veterinario que se despraza ás granxas.
“Queremos chegar a todo o campo galego para que todas as explotacións de gando vacún de Galicia coñezan o que teñen que facer para posibilitar no seu día a día un traballo seguro nas campañas e nas actuacións das veterinarias e veterinarios”, destacou a directora xeral.
A mensaxe que quere transmitir a Xunta con esta iniciativa a este colectivo profesional é de posta en valor da seguridade das funcións que desenvolve, con independencia de que o lugar de traballo sexa cambiante.
Tal e como relatou Mancha, “moitos dos accidentes nas explotacións gandeiras prodúcense cando hai proximidade ou contacto cos animais, e para evitalos é preciso ter en conta as súas reaccións, manter en bo estado as instalacións e dispor dos medios adecuados para facer os traballos de forma segura”.
Entre a documentación técnica que distribuirá o Issga, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, recóllense recomendacións para a prevención de riscos no manexo dos animais, aspectos relacionados coa sanidade do gando e os sistemas de inmobilización e contención física das reses, entre outros.
A Xunta está a difundir ademais un vídeo no que da conta destas e outras medidas necesarias para garantir a seguridade no traballo deste colectivo profesional.
Traballo colaborativo
A campaña ten a súa orixe nun grupo de traballo técnico para a análise dos accidentes laborais en Galicia, que conta coa participación activa das organizacións sindicais e empresarial galegas, puxo en valor Mancha, quen incidiu en que na elaboración dos contidos tivéronse en conta tanto a tipoloxía como as causas dos accidentes no sector.
Os materiais distribuiranse entre as explotacións galegas. O obxectivo da Xunta consiste en achegar a documentación da iniciativa de carácter plurianual a unhas 25.000 granxas de gando vacún galegas; este ano visitaranse unhas 9.000 coincidindo coa campaña de saneamento desenvolvida polo Goberno autonómico.
A campaña de hoxe é complementaria doutra xa en marcha, Fai da túa explotación de gando vacún un lugar seguro e saudable, que incide máis na prevención de riscos nos lugares de traballo, no manexo dous animais, coa maquinaria e equipos, cos produtos químicos, na manipulación de cargas e na protección da maternidade, o embarazo e a lactación entre as traballadoras.
“Estamos convencidos da necesidade de afondar nunha cultura de saúde cunha visión integral, que supere as obrigas da normativa e avance a estilos de vida saudables tamén promovidos dende os centros de traballo”, manifestou na súa exposición a directora xeral. Mancha anunciou ademais, que a de hoxe será a primeira de varias colaboracións co colectivo dos veterinarios, co que se comprometeu a seguir a identificar nos vindeiros anos ámbitos de mellora das condicións de seguridade e saúde laboral para darlles solución “desde a seguridade, a hixiene industrial, a ergonomía e psicosocioloxía e a vixilancia da saúde laboral”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



