Ribadeo, 18 de abril, 2022. Ante a noticia da nova sentenza sobre o acceso á illa Pancha: O día 14 de abril de 2022 tivemos coñecemento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do día 22 de marzo anterior, que desestima o recurso da empresa concesionaria dos apartamentos da Illa Pancha contra a sentenza do Xuzgado nº2 do Contencioso Administrativo de Lugo favorable ó concello de Ribadeo que esixía a apertura ao público da porta de acceso. Dito así semella que a illa estará aberta aos veciños nos próximos días, pero de iso non hai indicios. Para que se entenda a situación, debemos lembrar que o concello concedeu a licenza de actividade dos apartamentos o día un de decembro de 2017, ca condición expresa de que a porta estivese aberta ao público sen limitacións. Sen embargo, pese as reiteradas denuncias do noso grupo de que a porta seguía pechada, o Sr. Alcalde negouse a aplicar a lei, suspender a licenza e pechar os apartamentos por incumprimento das mínimas condicións de seguridade do establecemento hostaleiro. E aquí chegamos a un punto decisivo que tanto o concello como os tribunais de xustiza eluden sistematicamente pese ás denuncias do noso grupo: O peche sistemático da porta da Illa Pancha non só incumpre as esixencias da Lei de Costas sobre o dereito de acceso da veciñanza á zona de servidume de tránsito, senón o que é moito mais grave, a barreira que supón a porta a ambulancias, equipos de extincións de incendios e outros servizos de este tipo.
Aquí debemos suliñar unha vez mais que a connivencia entre o concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria do Ministerio de Fomento para privatizar a Illa Pancha bordea nunha responsabilidade criminal en caso de accidente, incendio ou imprevistos similares. Por eso cargar as tintas agora sobre a empresa concesionaria, que naturalmente ten a sua parte de responsabilidade, non deixa de ser unha artimaña para eludir o nó gordiano da cuestión, que é a decisión política do concello de Ribadeo e da Autoridade Portuaria de privatizar a Illa Pancha a calquera custe.
Imos facer un breve reconto dos feitos para poñer ao dia ao lector non iniciado.
1º- Entre 2013 e 2015 o Concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria consensuaron os procesos e os trámites para privatizar a Illa Pancha.
2º- O día 1 de decembro de 2017 o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de apertura dos apartamentos ca condición de que a porta de acceso estivese aberta ao público en xeral pero a porta seguiu pechada, con aperturas intermitentes, de onde se desprende que o concello non fixo nada práctico por esixir o cumprimento das condicións da licenza.
3º- En xaneiro de 2019 os representantes de Por Nuestro Faro puidemos acceder por primeira vez ao expediente da concesión da licenza de actividade, despois de seis meses de reclamalo ao concello e vernos na obriga de solicitar a intervención da Valedora do Povo de Galicia, diante da negativa reiterada da administración local a permitirnos ter acceso ao expediente. Nesa data soubemos por primeira vez que a licenza de apertura estaba condicionada á apertura do acceso ao público en xeral. Pero xa tiveran pasado 13 meses e a porta seguía pechada e o concello non fixera nada para que se abrise.
4º- Os días once de abril e oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha seguía pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta ao Sr. Alcalde desta circunstancia, ao mesmo tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública. Só suliñar que o Sr. Alcalde non respostou.
O día 24 de xuño de 2019 formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscalía do Xulgado de Mondoñedo polo recorte dos dereitos democráticos dos veciños, ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario, engadindo os documentos máis significativos que avaliaban os feitos denunciados. Ao cabo de poucas semanas a fiscalía confirmounos que a apertura da porta era preceptiva sen ningunha dúbida. Pero a porta seguía pechada.
Finalmente, o dia 3 de outubro de 2019, despois das nosas denuncias reiteradas e dos informes da Fiscalía, o Concello de Ribadeo notificou á empresa concesionaria a obrigatoriedade de manter aberta ao público a devandita porta da Illa Pancha. A partir de esta data a concesionaria presenta un recurso contencioso administrativo contra o concello no Xuzgado nº 2 de Lugo que dicta sentenza en abril de 2021, reiterando que a porta debe permanecer aberta con un informe no que se reafirma ¡19 veces! neste punto crucial, pero a porta segue pechada. Deseguido a concesionaria recorre esta sentenza ao TSXG e agora temos a nova sentenza deste alto tribunal que é negativa para concesionaria ademais de cargarlle as costas. Ou sexa doblemente negativa.
5º- Ao longo deste proceso, e agora ímolo reiterar, o noso colectivo ten esixido ao concello repetidamente que aplique neste caso a lexislación sobre incumprimento de licencias sen mais dilacións, non so pola perda de dereitos dos veciños e visitantes senón o que é moito mais grave polos riscos de seguridade derivados do peche permanente do acceso a un servizo público. Debe engadirse que hai outros moitos aspectos legais que deberan incluírse neste trámite, especialmente o cumprimento do estudo de impacto ambiental que esixiu o informe do Defensor del Pueblo de febrero de 2017, ratificado cinco veces máis, a falla de resolución sobre os verquidos á ría pola fosa séptica non autorizada, a falla de memoria económica de viabilidade do proxecto, a invasión reiterada dos espazos non concesionados, a falla de informe sobre as obras da cafetería e outra serie de puntos de dudosísima legalidade.
En resumen, a sentencia agora coñecida do TSXG só ven a ratificar e confirmar que as denuncias da Asociación Por Nuestro Faro, sempre se axustaron a dereito e sempre defenderon os intereses colectivos dos ribadenses, e mesmo que o concello non fixo mais que dilatar as decisións e agochar información para facilitar a privatización da Illa Pancha e impedir que os veciños e veciñas poidan desfrutar do seu dereito legal a entrar nese espazo cando lles pete.
En consecuencia, o noso colectivo esixe unha vez mais que se cumpra a lei e pregunta ao Sr. Alcalde por qué se manten unha actividade que incumple as condicións da licenza despois de catro anos e medio xenerando un risco evidente para a seguridade e dando pe a duas sentenzas condenatorias.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



