Viveiro, 28 de abril de 2022. O grupo municipal do PP de Viveiro pon en valor á decisión da Consellería de Sanidade de convocar tres prazas de médicos nesta cidade e sostén, por boca do seu portavoz, Óscar Rodríguez, que “unha vez máis se pon claramente de manifesto o compromiso, xa sobradamente demostrado, da Xunta coa sanidade pública”.
O Sergas convocou unha oferta pública de emprego con 106 prazas de médico de Atención Primaria en Galicia, 15 delas na provincia de Lugo, e, entre elas, tres para Viveiro. Óscar Rodríguez lembra que “o PP presentou unha moción no pasado pleno municipal, que foi aprobada, para solicitar esas prazas”. Engade: “O Sergas xa estaba traballando na OPE e agora vemos como se tivo en conta a Viveiro, pese ao desinterese manifestado por socialistas e nacionalistas que preferiron absterse na votación da nosa proposta. A incapacidade da alcaldesa, María Loureiro (PSOE), para comprometerse na defensa dos intereses da súa cidade púxose novamente en evidencia”.
Os populares din que “é o resultado da maneira de entender a xestión dos asuntos públicos que ten o PP, en todas as administracións públicas; unha vez máis queda acreditado que a xunta continúa a traballar con eficacia pola sanidade de todos”.
A forma de selección de persoal foi elixida en consonancia coa necesidade de paliar as carencias en canto a recursos humanos, para seguir ofrecendo unha sanidade pública de alta calidade como é a galega. Nesta ocasión é un concurso de méritos. A creación desta nova categoría profesional no Sergas foi formulada pola Xunta a través dunha Lei no Parlamento de Galicia atopándose co rexeitamento dos grupos de esquerda (PSdeG e BNG). Durante a tramitación da lei, o Grupo Popular introduciu unha emenda para facer aínda máis atractiva esta categoría e lograr que os residentes que rematen este ano a súa formación en medicina de familia opten por acollerse a ela e cubrir esas prazas: as prazas desta categoría adxudicaranse en propiedade mediante concurso de méritos, sen necesidade de exame de concurso-oposición.
En consecuencia, o profesional que acepte cubrir algunha destas prazas e asuma o compromiso de quedarse nela durante a lo menos dous anos ten garantida praza en propiedade para sempre no Servizo Galego de Saúde.
Polo tanto, fronte ás frecuentes críticas da oposición á Xunta sobre ‘precariedade’ na contratación de persoal sanitario, esta convocatoria ofrece unha praza fixa en propiedade mediante un concurso de méritos a persoas que acaban de rematar a súa residencia. Sen embargo, no Pleno da Cámara, os grupos parlamentarios de PSdeG e BNG votaron en contra de incorporar esta emenda do Grupo Popular e votaron en contra da Lei que crea a categoría.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



