SANTIAGO .- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, inicia esta fin de semana a campaña “LIBRE. Libre de alcol, libre de preocupacións” co fin de fomentar a condución segura entre a mocidade galega.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa esta iniciativa, que se organiza co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Na súa intervención, precisou que as accións comezarán o próximo 25 de xullo, e que se prolongarán ata o mes de outubro. No acto de presentación estiveron presentes 30 participantes do proxecto europeo “Noite, mozos e alcol” procedentes de Polonia, Bulgaria, Grecia, Portugal e España.
O obxectivo da campaña é “lograr que a mocidade desenvolva un espírito crítico fronte as súas accións ao volante”. Por iso, fomentarase a utilización do transporte público e, nos casos nos que non sexa posible, promoveranse as quendas entre amigos para potenciar a figura do condutor alternativo.
Para acadar estas metas, a campaña combinará a publicidade con accións directas e indirectas nos principais núcleos festivos do verán galego.
No que se refire á campaña directa, haberá monitores a pé de rúa nas noites dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro. Situaranse nos lugares estratéxicos de paso, preto das zonas de marcha e festas, para informar sobre os perigos do alcol ao volante e as vantaxes dos transportes públicos. Serán preto de 40 accións, que incluirán ás principais cidades e vilas da comunidade.
Ademais, os mozos e mozas de ata 35 anos poderán realizar unha proba de alcoholemia ao final da festa. Aqueles que demostren o 0 por cento de alcol participarán nun sorteo de 100 cursos de condución segura que terán lugar en outono. A isto hai que sumarlle que todos aqueles que se interesen pola información que se distribúe na carpa levarán como agasallo unha camiseta.
Os monitores encargaranse tamén de percorrer os principais aparcamentos e de poñer enriba dos vehículos un triángulo de cartón amarelo –que simula a estética dos taxis de Nova York- co lema “LIBRE. Libre de alcol, libre de preocupacións”. Trátase de facer reflexionar ao condutor e aos seus acompañantes dos perigos de levar un coche baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
Colaboración coas orquestras
Co fin de complementar esta acción directa e chegar á maior cantidade de público posible, a campaña contará coa colaboración de tres orquestras galegas: Panorama, Olympus e Philadelphia.
As tres proxectarán nas súas pantallas, durante o segundo pase (de 3 a 6 da mañá) a imaxe de “LIBRE”. Ademais, os cantantes remarcarán en varias ocasións a importancia dunha condución responsable e distribuirán material da campaña entre o público. Tamén cantarán unha canción orixinal, cunha letra que fomente as boas prácticas ao volante.
Estas tres orquestras actuarán nunha gala final da campaña, que se celebrará o 31 de outubro no concello de Cambados. Tamén colaborarán coa campaña as principais asociacións de hostalería de Galicia, de modo que a imaxe e obxectivos da campaña LIBRE achegarase a pubs e discotecas.
A campaña por unha condución segura estenderase, ademais, aos campamentos xuvenís de verán dependentes da Xunta. Neles, técnicos do programa Quérote + levarán a cabo obradoiros de seguridade e educación viaria dirixidos aos participantes de 15, 16 e 17 anos. Isto supón que a mensaxe chegará a máis de 1.600 mozos e mozas nas distintas quendas das 15 instalacións de toda Galicia.
Finalmente, nas fins de semana de outubro e novembro organizaranse no circuíto de Forcarei cursos de condución segura, que ofertarán preto de 600 prazas. Os participantes nos mesmos coñecerán factores de risco, sistema de seguridade do automóbil e técnicas de condución. Todas as accións formativas durarán cinco horas, das que catro serán de práctica de condución, sempre coa compañía de monitores especialistas. Do total desta oferta, 100 prazas serán as sorteadas entre os mozos e mozas que obtiveran un 0 por cento de alcol nos controis de alcoholemia da campaña.
Intercambio
Na rolda de prensa de presentación da campaña, estiveron presentes un total de 30 mozos e mozas procedentes de 4 países da Unión Europea (Polonia, Bulgaria, Grecia e Portugal) ademais de orixinarios doutras comunidades autónomas, que están a participar nun intercambio xuvenil sobre mocidade e alcohol.
Esta actividade, organizada pola asociación cultural e deportiva Záramo do Concello de Boqueixón, conta co apoio do programa Xuventude en Acción da Unión Europea.
O proxecto, denominado “Noite, mozos e alcol”, reflexiona acerca da problemática, española e europea, dos accidentes de tráfico derivados do ocio nocturno. O seu obxectivo, entre outros, é analizar as causas desta situación, aportar novas ideas, coñecer exemplos de boas prácticas doutros países e intercambiar experiencias.
Así, entre outras actividades, os participantes están a participar en encontros con organizacións implicadas no tema da sinistralidade nas estradas, nas organizacións responsables de ofertas de ocio alternativo, ou xuntanzas con responsables da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) ou da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



