Foz, 29 de abril de 2022. O PP de Foz defendeu a opción de A Mariña como ubicación da fábrica de Altri, como lembra o portavoz popular, Javier Castiñeira. Finalmente, instalarase en Palas, no que, destaca Castiñeira, é unha decisión empresarial e non política. No PP de Foz lamentan que a elección para implantar esta industria non fora A Mariña, pero recoñecen a importancia que ten para a provincia e para Galicia. Castiñeira pide altura de miras ao alcalde de Foz, Fran Cajoto, e que deixe de facer teatro para ocultar a súa falta de xestión. Os populares cren que Cajoto intenta un lavado de cara, para tratar de que se esqueza a súa inacción e incapacidade para esixir ao Goberno central un estatuto electrointensivo como o que precisa a industria como Alcoa, que esa si é unha decisión política.
Castiñeira sinala: “Dende o Partido Popular de Foz lamentamos que o único recurso político que ten o alcalde sexa o teatro. Así llo fixemos ver no pleno de onte. Un teatro que non serve absolutamente para nada. Leva tres anos sen facer obras nin xestións importantes para o noso concello. Un teatro que tamén intenta facer como presidente da mancomunidade. O claro exemplo é o asunto de Altri, no que o alcalde de Foz está absolutamente só; nin os seus compañeiros socialistas da provincia, nin galegos, son capaces de darlle a razón”.
O portavoz popular sostén: “Un teatro que só é pateadura política, porque o señor Cajoto sabe perfectamente que isto é unha decisión empresarial, non política. O PP de Foz apoiou sempre a preferencia de A Mariña como ubicación desta fábrica de fibras téxtiles, sempre e cando se deran as condicións que esixía a empresa, que é que ten que defender o negocio durante todos estes anos. Lamentamos que a decisión final fora non ubicala en A Mariña, pero tamén recoñecemos que é importante para os produtores madeireiros que poñen en valor o produto mariñán; é importante para os transportistas e, en definitiva, con altura de miras, é importante para a provincia e para Galicia”.
Castiñeira explica: “É un proxecto de país. Non podemos quedarnos no localismo barato do señor Cajoto, que é un despropósito que nos está xerando moi mala imaxe non só en Foz senón en toda a provincia”. Expón está recomendación ao alcalde: “Señor Cajoto, déixese de teatro, póñase a traballar, faga algo polo pobo, porque lle queda un ano e non fixo absolutamente nada; e respecte institucionalmente á provincia. Déixese de pateaduras e súmese a todos os galegos que estamos satisfeitos porque unha fábrica deste tipo se ubique en Galicia e sirva para intentar paliar esa crise industrial provocada fundamental pola crise enerxética e agravada polas políticas do Goberno central”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



