A Mariña, martes 3 de maio 2022. A situación na industria e no emprego na Mariña sigue sendo crítica. Despois de enésimas promesas incumplidas, moitas delas rachando acordos parlamentarios como foi o caso de Altri, a destrucción de emprego na comarca nos últimos dez anos acentuada co recente peche de Vestas e a incerteza sobre o futuro de Alcoa, sigue sendo a lousa que oprime a unha comarca referente industrial durante moitas décadas e que desde o 2009 en que o PP accedeu ao goberno da Xunta perdeu 1.000 empregos derivados dos numerosos Ertes e peches de empresas emblemáticas da comarca.
A falta de política industrial da Xunta que palíe esta situación, así como o déficit histórico de infraestruturas (da Xunta e do Estado) que vertebren a comarca e a sitúen en posición de igualdade con outros territorios agravan ainda mais a posibilidade de desenvolvemento da zona.
Infraestruturas vitais para o desenvolvemento económico e para o futuro da Mariña
Para o BNG, as infraestruturas de transporte terrestre e marítimo son vitais e despois de décadas de promesas de Psoe e PP non se pode ver feito nin un só tramo da A-74 Barreiros-San Cibrao, só 8 km da VAP Costa Norte San Cibrao-Ferrol, e ningunha intención de proceder ao rescate da concesión do Dique Norte para construir o porto comercial que tanto necesita A Mariña. E é básico tamén para fornecer de recursos económicos á Mariña, que se cree a Autoridade Portuaria de San Cibrao, segregándoa de Ferrol, que é quen leva prácticamente todos os ingresos que xera A Mariña a través do Porto de San Cibrao.
“Despois do acontecido con Altri, A Mariña non pode permitirse repetir a historia cando haxa outro proxecto industrial en xogo e non se poda desenvolver aquí por non ter as infraesruturas axeitadas” manifestou o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga, que tamén afirmou que “hai que ter en conta que ao final as decisións empresariais veñen determinadas polas circunstancias do territorio, que son as verdadeiras decisións politicas, ou cando menos, condicionantes das decisións políticas e empresariais”.
As reivindicacións do manifesto “Futuro para A Mariña” teñen que cumplirse
Por estes motivos o BNG considera necesario que o Goberno do Estado e a Xunta se reúnan o antes posible coa Mariña e falen coa Mariña, cos seus lexítimos representantes que son os gobernos municipais de cada concello e tamén cos axentes sociais e sindicais que baixo o lema de Futuro para A Mariña concentraron en Burela o 17 de novembro de 2021 a miles de mariñás e mariñaos na manifestación mais grande celebrada na comarca á que asistiron tamén os representantes políticos de Psoe e PP, e que puideron escoitar estas mesmas reivindicacións na lectura do manifesto “Futuro para A Mariña”, polo que agora Psoe e PP deben cumplir coa comarca, deixando de tirárense os trastos á cabeza buscando culpables en lugar de buscar solucións, e cumplindo dunha vez coa comarca que teñen abandonada.
Esta proposta está a presentala o BNG en todos os concellos da comarca, e no día de hoxe foi aprobada no pleno de Viveiro a instancias da portavoz nacionalista Miriam Bermúdez.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



