A actuación inclúe a mellora da condución de vertido submarino da depuradora municipal, que está a ser ampliada para asumir o incremento de demanda procedente deste núcleo
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 3.521.947 euros a execución das obras de mellora do sistema de saneamento de Celeiro, completando a mellora do tratamento das augas na ría de Viveiro. A actuación inclúe a mellora da condución de vertido submarino da depuradora municipal.
Este contrato, adxudicado á UTE Seranco, SAU-Obras Marítimas y Submarinas, S.L., ten un prazo de execución de 12 meses.
Os traballos centraranse na construción dun novo bombeo e dun depósito de retención, que levarán directamente as augas residuais de Celeiro cara ao novo pretratamento da depuradora.
Máis en detalle, executarase un bombeo cun tanque de tormentas de 650 m3 de volume útil que substituirá o actual bombeo de pretratamento de Celeiro, e desde o que se impulsará a auga ata o novo pretratamento de Viveiro. Permitirá a laminación, tanto nas puntas durante o día, como nos caudais en tempo de choiva.
Así mesmo, construirase unha nova condución de desaugue submarino que se conectará ao actual tramo terrestre e que funcionará por gravidade a través dunha cámara de carga situada a continuación da desinfección da depuradora.
Esta nova intervención de saneamento de Celeiro súmase ás obras de ampliación da depuradora municipal, que está a ser ampliada pola Xunta para asumir o incremento de demanda procedente deste núcleo.
Deste xeito, as obras obxecto do contrato adxudicado completarán os traballos de saneamento da ría de Viveiro, que supoñen un investimento conxunto da Xunta de preto de 8 millóns de euros.
Estas actuacións son cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a traballar polo saneamento da ría de Viveiro, apoiando ao Concello nas súas competencias, como tamén prevé facer nos municipios de Foz, de Burela ou de Barreiros.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



