Foz, 29 de maio, 2022. Ao longo de toda a xornada deste domingo, desenvolveuse, nas pistas de atletismo de Lugo, a final provincial atletismo en pista Xogade.
O Club focense clasificou para esta final case 50 atletas. Todos e todas deron o mellor de si e realizaron un grandísimo papel.
Istes son os resultados máis destacados obtidos:
SARA PALOMERO 3º posto (50m SUB 10)
NEREA MIGUEL 2º posto (Tríatlon SUB 10)
NOELIA GAYOSO 3º posto (Tríatlon SUB 10)
MIGUEL DIZ 1º posto (Altura SUB 12)
MIGUEL DIZ 2º posto (1000m SUB 12)
XABI DIZ 1º posto (2000m SUB 12)
IAGO BALSEIRO 3º posto (Tríatlon SUB 12)
AMINA BOUYZAR 3º posto (1000m SUB 12)
CARLA IRAVEDRA 3º posto (Tríatlon SUB 12)
HUGO LORENZO 3º posto (500m SUB 14)
LUIS BERDEAL 3º posto (1000m obst. SUB 14)
MARINA GARCÍA 1º posto (150m SUB 14)
MARINA GARCÍA 1º posto (Triplo salto SUB 14)
MARINA GARCÍA 2º posto (500m SUB 14)
SOFÍA BEN 3º posto (500m SUB 14)
SOFÍA BEN 2° posto (80m SUB 14)
ALBA IRAVEDRA 3º posto (80m val. SUB 14)
ALBA IRAVEDRA 2º posto (1000m obst. SUB 14)
ANTÍA FERNÁNDEZ 2º posto (Altura SUB 14)
RÍA DE FOZ 3º posto no relevo 4x60m masc. SUB 12
RÍA DE FOZ 3º posto no relevo 4x80m fem. SUB 14
Excelente campionato o realizado polos atletas mariñáns das categorías inferiores.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.

