Foz, 30 de maio, 2022. A situación da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo e lamentablemente de afondamento nun desmantelamento sostido, e os prexuízos son para as persoas e sectores das áreas potencialmente usuarias. Esta situación de desleixo, provoca dende a ausencia de adecuado número de frecuencias con horarios adaptados coas xornadas laborais, escolares ou de uso dos servizos espallados po la Mariña, até inmumerables cancelacións dos xa escasos servizos programados, facendo que as usuarias renuncien maioritariamente a un servizo público tan deficitario. Istos feitos xa crónicos, empeoraron coa supresión dos servizos de trens por mor da COVID que non foron restituidos.
O BNG de Foz lembra que só o pasado ano na liña Ferrol-Ribadeo, producíronse preto dun milleiro de incidentes, que teñen unha relación directa coa redución de persoal, a supresión reiterada de servizos –co conseguinte prexuízo ás usuarias- e o abandono no mantemento das infraestruturas, como é o material rodante, estacións, problemática na expedición de billetes, etc.
Recentemente a FEGAMP esixiu tamén a Transportes e a Renfe nunha declaración institucional, garantir a universalidade e accesibilidade ao servizo axustándose as necesidades dxs usuarixs, algo que actualmente está moi lonxe de cumplirse na Mariña.
Ademais o Ministerio de Transportes ten previsto aprobar en 2023 a lei de movilidade sostible que pode supoñer un novo retallo nos servizos ferroviarios, o que pode levar ao feche de determinadas liñas actualmente en funcionamento.
Esta situación de deterioro do servizo ferroviario para o BNG de Foz implica máis alá de anuncios baleiros de contido, decisións políticas claras, con investimentos e prazos para a modernización da liña en condicións de calidade e operatividade. Por iso o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana debería recuperar, garantir que se cumplan e na medida do posible incrementar, as frecuencias horarias do transporte por ferrocarril na Mariña, coa adecuación ás demandas dx usuarixs para facer do servizo público unha ferramenta útil e eficaz na mobilidade da Mariña. Solicitaremos tamén a mellora no mantemento tanto do entorno das paradas, nas propias estacións recuperando a presencialidade na venta de billetes, como no servizo a bordo coa adecuada a supervisión nos convois e as necesarias melloras no proprio material rodante. E instaremos a Xunta de Galiza a dirixirse ao Ministerio de transportes para garantir o anterior e facer as alegacións precisas ao Anteproxecto de Lei de Mobilidade Sostible.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



