Os beneficiarios percibirán a axuda en tres prazos de contías máximas de 8.000 euros: no momento de acreditación da compra da parcela, ao inicio de execución das obras e trala acreditación do inicio da actividade
Mondoñedo, a 31 de maio de 2022. O Concello convoca subvencións para o fomento da implantación empresarial en Mondoñedo. Trátase de “subvencións á compra de solo industrial durante o 2022” de forma que o Concello “volve incentivar o asentamento de actividade económica no municipio co obxectivo de crear emprego e dinamismo económico en Mondoñedo”. De feito, o goberno local leva tempo traballando para “fomentar o mantemento e consolidación das actividades empresariais existentes e a creación de novas empresas ou negocios”.
As subvencións diríxense a aqueles autónomos ou empresas legalmente constituídas que establezan unha actividade económica no Parque Empresarial de Mondoñedo ou no ámbito comprendido na Ordenanza U4 do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Mondoñedo definido como Áreas de Solo Industrial delimitadas nos planos de ordenación. A actividade deberá contar coas licenzas e permisos urbanísticos legalmente esixidos polo Concello de Mondoñedo para o funcionamento da mesma e xerar, polo menos, un posto de traballo vinculado á actividade, entendéndose como tal o de promotor.
Poderán concorrer tanto aquelas empresas que xa teñan iniciado a súa actividade empresarial, co fin de mantela; así coma ás de nova creación a partir do 1 de xaneiro de 2022. E deberán ter domicilio social en Mondoñedo, aínda que poderá excepcionarse de forma motivada por razón de obxecto ou finalidade da subvención ou natureza da actividade.
A axuda non será compatible con calquera outra subvención do Concello de Mondoñedo polo mesmo concepto; pero si con outras axudas ou subvencións de calquera natureza e independentemente da entidade que as conceda. En todo caso, o importe acumulado da totalidade das subvencións outorgadas non poderá exceder do 80% do custe de implantación da actividade.
Contía
O importe máximo da subvención será o resultante de prorratear a cantidade máxima no ano 2022, de xeito proporcional entre as solicitudes presentadas. Os beneficiarios percibirán a axuda en tres prazos e coas contías máximas de 8.000 euros ou a cantidade proporcional no momento de acreditación da compra da parcela, ata un máximo de 8.000 euros ou cantidade proporcional ao inicio da execución das obras e outro máximo de 8.000 euros ou cantidade proporcional cando se acredite o inicio da actividade. O importe máximo da subvención non poderá exceder o 50% dos custes subvencionables: única e exclusivamente o custe de adquisición do solo (non serán considerados obxecto da subvención os gastos notariais, periciais e rexistrais).
O Concello de Mondoñedo consigna inicialmente unha cantidade de 24.000 euros para estas axudas nos Orzamentos do exercicio 2022 que pode ser ampliada.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e demais documentación será de dous meses a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP). As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, aínda que se admitirá a presentación por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



