O Deputado de Participación Cidadá sinalou que a institución provincial leva anos apoiando a cita festiva, pero “nesta edición quixemos facer unha colaboración especial, acorde ao cartel e á programación organizada”
Lugo, 26 de xullo de 2022. O Festival Aturuxo de Bravos celébrase os vindeiros días 29 e 30 de xullo, unha cita gratuíta coa que colabora a Deputación cunha achega económica de preto de 20.500€. Na presentación, que tivo lugar no local social desta parroquia do concello de Ourol, participou tamén o Alcalde do municipio mariñán, José Luis Pajón, e a responsable da asociación Aturuxo de Bravos, María del Carmen Rivera Vidal.
García Pernas destacou que “dende a Deputación colaboramos con esta festa dende hai uns anos, pero nesta edición quixemos facer unha colaboración especial, acorde ao cartel e á programación organizada”. Neste sentido, o Deputado sinalou que a institución subiu a achega económica, canalizada a través dun convenio de colaboración co Concello de Ourol, ata os 20.450€”.
“Valoramos moito a capacidade da organización para lanzar un programa moi atractivo con artistas como a Banda da Loba, que actúa hoxe, pero tamén a grupos como Rebeliom do Inframundo, Os Festicultores, Machina, Pesdelán, Pulpiño Viascón e o espectáculo de humor de Peter Punk”, asegurou o Deputado.
Roberto García engadiu que o festival “contribúe a difundir e a poñer en valor a nosa riqueza cultural, a música e tradicións e, ao mesmo tempo, dinamiza a vida social e a economía no noso rural, e atrae un turismo de calidade e sostible, o modelo polo que apostamos dende a Deputación de Lugo porque coida o patrimonio e deixa valor no territorio”.
Para Roberto García, a organización deste certame en Bravos “pon en evidencia o que defendemos dende a Deputación. O noso rural non está baleiro, senón que está cheo de ideas e de propostas. O que necesita son políticas públicas para saír adiante”. Así mesmo, aproveitou a ocasión para convidar aos veciños e veciñas da comarca e da provincia a achegarse a Ourol “para gozar deste festival único e gratuíto, e para coñecer a parroquia de Bravos, un lugar que conta con moita tradición e historia”.
A presentación, que serviu como antesala ao propio Festival Aturuxo, contou cunha actuación da Banda da Loba, sesión vermú, xantar popular e diferentes actuacións musicais.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



