Viveiro, 6 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro busca persoas voluntarias para participar no seu “Programa Voluntariado Xuvenil 2022”, organizado dende a Oficina Municipal de Voluntariado (O.M.V). As persoas participantes recibirán un certificado e remuneración económica pola súa contribución ao programa, cuxos detalles poden consultarse na Oficina Municipal de Voluntariado.
A actividade, baixo unha subvención da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, diríxese á mocidade entre os 16 e os 30 anos. Para esta actividade a realizar nos meses de xullo, agosto e setembro, búscanse preferiblemente persoas que teñan algunha formación na área educativa ou social.
Este programa, con xornadas diarias de ata 6 horas, pretende brindar á mocidade a oportunidade de desenvolver unha serie de posibilidades no ámbito persoal e profesional. Tamén pretende aumentar a súa dispoñibilidade de cara ao emprego e a súa participación na sociedade en xeral.
A actividade enmárcase dentro da concellería de Benestar Social e componse de diferentes actividades de apoio educativo e de lecer a colectivos en situación de risco de exclusión social.
A concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, participou neste voluntariado tras rematar os seus estudos universitarios. “Foi a miña primeira aproximación ao mundo laboral. Nese tempo coñecín a excelentes profesionais, e descubrín a miña vocación, o traballo con menores en situación de vulnerabilidade. O voluntariado educativo e social supuxo o inicio da miña carreira profesional polo que ánimo a todos os veciños e veciñas de Viveiro que reúnan os requisitos a formar parte de esta fermosa e enriquecedora experiencia persoal e laboral”, sinala a concelleira.
O programa inclúe un compoñente sensibilizador e formativo, xa que a través do mesmo pódese formar a un equipo de voluntariado que desexe colaborar de forma solidaria na organización destas actividades.
O labor das persoas voluntarias basearase na intervención con menores e adultos, para fomentar a súa formación, promover o coñecemento, e aproveitar os recursos do Concello de Viveiro.
A mocidade interesada en participar deberá cubrir unha ficha solicitando a participación voluntaria no programa e acudir á Oficina Municipal de Voluntariado(O.M.V.), situada no Centro de Servizos Sociais Avenida de Cervantes s/n, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 ou chamando o teléfono 982550421.
Tamén é posible solicitalo na Oficina Municipal de Información Xuvenil (O.M.I.X.), situada no Concello de Viveiro Praza Maior nº 1, de luns a venres en horario de 10:15 a 14:30 ou chamando ao teléfono 982560128.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



