Os populares fanse eco das queixas dos veciños e afean á alcaldesa, María Loureiro, a súa desidia para manter o casco histórico e o seu entorno en boas condicións
Viveiro, 10 de xuño de 2022. As mostras da desidia do goberno municipal de Viveiro son moi abundantes, pero algunhas son tan evidentes que resulta difícil de entender que o equipo presidido pola socialista María Loureiro non faga nada. É o caso da falta de actividade do Concello para manter, ou facer manter, nas debidas condicións algúns solares e edificios do casco histórico e do seu entorno. O grupo municipal do PP denuncia o estado de abandono no que se atopan os terreos que rodean o Pazo de Malates, en pleno casco histórico de Viveiro, e reclama do goberno local a adopción das medidas necesarias para desbrozar e limpar ditos terreos. Para conseguir este obxectivo, os concelleiros do PP defenderán unha iniciativa no pleno.
Os populares destacan que “dentro do centro histórico de Viveiro, na rúa Alonso Pérez, sitúase o Pazo de Malates, unha construción con capela que un escudo vincula a un rexedor de Viveiro no século XV”. O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez indica que “agora, do mesmo xeito que durante os últimos anos, as leiras que o rodean están cheas de maleza e o pazo presenta un notorio estado de deterioro».
Os concelleiros do PP fanse eco das queixas veciñais e dan voz ao seu malestar polo estado do contorno da capela e o Pazo de Malates, “malestar que ven dende o 2017, ano no que o Partido Popular de Viveiro xa reclamou a súa limpeza”.
No PP din ao goberno local que “se non hai posibilidade de localización dos donos, a estas alturas o Concello xa tiña que ter actuado de oficio”.



























Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



