A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, Mayra García Bermúdez, participou na entrega de trofeos do concurso de gando, con premios para os mellores exemplares en vacún e equino
Lugo, 18 de xuño de 2022. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, Mayra García Bermúdez, participou este sábado na Feira do Trece, na parroquia de Carballido, en Alfoz. Unha cita que organiza a asociación de veciños de San Sebastián de Carballido, en colaboración co Concello de Alfoz e a institución provincial.
García Bermúdez fixo entrega dos trofeos doados pola Deputación no concurso de gando, con premios para os mellores exemplares en vacún e equino. Nesta ocasión contouse coa participación nesta cita que trata de impulsar o sector primario da comarca da Mariña.
Un evento que o colectivo veciñal recuperou no 2018 tentando emular as feiras que acollía este Lugar do Trece hai máis de 30 anos, sendo un dos máis punteiros da zona. Nese sentido, a Deputada resalta que, “despois de dous anos tan duros de pandemia, é unha gran noticia volver estar aquí porque nos axuda a seguir poñendo en valor e apoiando o noso sector agrogandeiro e o noso rural, que son realmente a esencia da provincia de Lugo”. Ademais, que volva esta cita ten un dobre valor, explica, “porque no 2018 recuperárase despois de moitos anos sen facelo, e isto é un feito moi importante, que dá boa mostra do que, dende a Deputación de Lugo, non nos cansamos de repetir: que o noso rural non está baleiro, senón que está cheo de ideas e de iniciativas, que necesitan de políticas públicas para saír adiante”.
A feira contou con exhibición de gando vacún, cabalar, porcino e aviar, contando coa presenza de razas autóctonas como porco celta, galiña de Mos, can de palleiro ou vaca cachena. Nesta edición a feira reuniu medio cento de postos cunha ampla selección de produtos de alimentación, artesanía, maquinaria agrícola e de artigos vencellados co sector. Ademais, o programa incluíu espectáculos de exhibición canina, sesión vermú, xantar, cea e verbena.
A Deputación de Lugo colaborou coa asociación de veciños na mellora do local social do colectivo, que se atopa no lugar do Trece, onde se celebra esta feira. A axuda ascendeu a 16.645€ para reparar a cuberta e as escaleiras que comunican a planta baixa co primeiro andar.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



