O actor, escritor e dramaturgo Cándido Pazó actuará o venres día 1 de xullo ás 22:30h na Praza da Catedral de Mondoñedo, onde levará a cabo unha sesión como contador oral no marco do II Encontro Álvaro Cunqueiro, curso de verán da Universidade de Santiago. A entrada será libre e gratuíta e entre o público contarase cos congresistas do Encontro e autoridades locais
Mondoñedo, 29 de xuño, 2022. Dentro das actividades desenvolvidas con motivo da celebración do II Encontro Álvaro Cunqueiro, e como complemento ao programa oficial, terá lugar a actuación do contador oral Cándido Pazó, evento promovido pola Casa Museo Álvaro Cunqueiro coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Mondoñedo.
O evento levarase a cabo na Praza da Catedral, ás 22:30h do venres 1 de xullo. Poderán asistir todas as persoas que o desexen, pois a entrada é gratuíta e aberta non só aos congresistas, senón tamén ao público xeral.
O II Encontro Álvaro Cunqueiro. Cunqueiro e familia, desenvolverase ao longo do venres 1 e sábado 2 de xullo no Auditorio Pascual Veiga en Mondoñedo. Este curso de verán da Universidade de Santiago conta co apoio do Concello de Mondoñedo e da Casa Museo Álvaro Cunqueiro e reunirá a importantes estudosos e escritores arredor da figura do mindoniense.
Entre os conferenciantes e relatores que pasarán estes dous días pola cidade mindoniense atópanse Carmen Blanco, Manuel Lourenzo, Isabel Morán, Patricia Arias Chachero, Miguel Anxo Seixas Seoane, Francisco López Barxas, Xe Freyre, Concepción Sanfiz Fernández, Miguel González Somovilla, Antonio Gamoneda, María López Sández, Saturnino Valladares e Víctor F. Freixanes, que se ocuparán das conexións literarias entre Cunqueiro e outros grandes da escrita como Shakespeare, Rosalía, Dante, Pessoa ou Castelao, entre outros.
Está previsto tamén un recital poético-musical no que participarán poetas de tanto relevo como Antonio Gamoneda, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo, Luís Valle ou o fillo do autor, o tamén escritor César Cunqueiro, o recitado dos cales amenizará musicalmente o dúo formado por Rebeca Maseda e Álex Llana.
No marco do curso presentarase un novo libro de Cunqueiro: O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), do que se responsabilizou Armando Requeixo, quen estará acompañado por Xina Vega e Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia, que publica a obra. Este II Encontro Álvaro Cunqueiro está dirixido por Armando Requeixo e secretariado por Laura Caamaño e Abel Vigo.



























A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.



