Os populares din que chegan tarde e mal, carecen de investimentos significativos e non inclúen previsións para apoiar as empresas
Foz, 30 de xuño de 2022. Unha vez máis, o goberno municipal de Foz, presidido polo socialista Fran Cajoto, presenta o proxecto orzamentario tarde e mal. As contas que pretende aprobar son as contas da leiteira, nas que sobran recursos para propaganda e faltan para todo o que é realmente importante. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Abraiados nos quedamos no PP de Foz cando escoitamos á tenente de alcalde Inés López falar de que van presentar os orzamentos da recuperación”. Con ironía Castiñeira, di que “imos debater os supostos orzamentos da recuperación pasado xa medio ano; o equipo de goberno máis amplo e máis caro da historia do noso concello non é capaz de presentar os orzamentos en tempo e forma”.
Os populares indican que “nun alarde de imaxinación, creatividade e propaganda política queren chamarlles os orzamentos da recuperación, cando os van aprobar no mes de xuño e van ter, como moito, vixencia de cinco meses, a non ser que que pretenda prorrogalos outros seis meses”.
Castiñeira di: “O Partido Popular, analizados os orzamentos, ve que son de todo menos de recuperación. Primeiro, porque hai cero euros para promocionar e axudar ás empresas a recuperarse. Segundo, porque sube a recadación no IBI e do lixo e non sabemos cales son os motivos, aínda que así o preguntamos nas comisións”.
Os investimentos, a pesar de que o orzamento xeral sube case 500.000 euros con respecto ao 2021, seguen sendo mínimos, non chegan, segundo explica Castiñeira, aos 500.000 euros. “Son absolutamente insuficientes e dende logo non xustifican que se lles denomine orzamentos da recuperación”, asegura o portavoz popular.
No PP destacan que “este ano duplican os cartos para as festas, o que chama a atención, especialmente porque cando o PSOE estaba na oposición negábase totalmente a que subiran as partidas de festas; suben tamén as partidas de gasto corrente”.
Curiosamente, partidas que deberan subir, dado que hai un gasto a maiores derivado ao incremento dos prezos dos combustibles, da enerxía, nalgunhas áreas son incluso menos que o ano pasado. Os populares sospeitan que nalgún caso non se ten en consideración a variable máis importante que hai que ter en conta nestes orzamentos, que é a inflación.
Castiñeira fai o seguinte resumo: “Son uns orzamentos que chegan mal, sen consensuar (dubidamos incluso que os teñan consensuados cos seus socios de goberno, co BNG). Suben a partida de propaganda para intentar seguir facendo o que veñen facendo: propaganda. E agora que chegan as eleccións duplícana, como así aparece nos orzamentos para este ano”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



