Viveiro, 5 de xullo de 2022. O Concello de Viveiro realiza un balance moi positivo do Resurrection Fest, un festival que tivo unha elevada repercusión internacional e un impacto moi positivo sobre a economía local.
“Viveiro estivo unha vez más á altura, sendo un pobo acolledor durante uns días de festival moi positivos para sectores como a hostalería e os hoteis”, afirma a alcaldesa, María Loureiro, que agradece “a colaboración de todos os veciños e veciñas, sobre todo os de Celeiro, que desde hai semanas viron alterada a sua rutina”.
O concello destaca a elevada asistencia de público e que, como regra xeral, o desenvolvemento do festival transcorreu segundo o previsto.
No referente ao tráfico, cabe indicar que a operación chegada se produciu de maneira máis anticipada e con maior afluencia que nas últimas edicións. A operación saída centrouse maioritarimente no luns, o que ocasionou que en momentos puntuais formáronse retencións que, coa regulación do tráfico, diminuíron en torno ao mediodía.
Polo que respecta á seguridade vial no casco urbano e nas zonas de competencia da Policía Local non houbo que lamentar accidentes de tráfico con vítimas, xa que unicamente se rexistraron dous accidentes con danos materiais.
Con respecto ás horas de finalización dos concertos, os desaloxos do recinto producíronse con total normalidade, a pesar da gran cantidade de persoas, polas zonas establecidas e sen incidencias ao respecto.
Cómpre destacar, asemade, que non se produciu ningún incidente reseñable de agresión ou abuso sexual relacionado co festival, ao tempo que se quere agradecer publicamente o traballo das voluntarias que atenderon o punto violeta do Resurrection Fest, dende o cal se que realizou unha importante labor informativa dirixida tanto ao público asistente como ao persoal do propio festival (seguridade, establecementos de hostalería, postos de merchandising,…).
O punto lila, que é unha iniciativa de concienciación posta en marcha polo Concello de Viveiro, que conta coa colaboración da asociación Fem Forte, traballou durante todo o festival en coordinación cos corpos e forzas de seguridade.
Tras o remate da edición máis longa e multitudinaria do festival, o goberno municipal valora positivamente a súa repercusión na economía local e destaca a alta ocupación hoteleira non só en Viveiro, senón tamén na comarca, ao tempo que se incide na importancia que o Resurrection Fest ten na hostelería ou no comercio.
Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a todos os corpos e forzas de seguridade, bombeiros e protección civil, polo traballo e esforzo realizados, apostando en todo momento pola seguridade dos asistentes ao festival e dos veciños e veciñas de Viveiro e, tamén, ante situacións extraordinarias, como é o tráxico accidente ferroviario no que un neno resultou atropelado e ferido de gravidade.
Finalmente, quérese felicitar á organización do Resurrection Fest por todo o traballo realizado para facer posible esta edición, na que tras dous anos de pandemia se recuperou a normalidade e se puido disfrutar novamente do noso festival máis recoñecido e internacional.
E como non, unha vez máis, reiterar aos veciñas e veciñas o noso agradecemento pola súa comprensión e respecto, grazas aos que é posible a celebración dun festival como este e resultando, sen lugar a dúbidas, parte do seu éxito, moi especialmente no caso dos veciños e veciñas de Celeiro que sofren os inconvenientes dun festival desta índole xa dende as semanas previas.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



