O obxectivo desta iniciativa é informar das principais liñas de incentivos dispoñibles para facilitar o acceso dos cidadáns a un fogar e presentar a nova Oficina de rehabilitación de vivenda, un punto informativo habilitado polo Goberno galego para dar a coñecer os programas financiados con fondos europeos no eido residencial
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2022. A Xunta de Galicia invita ao tecido social da comarca da Mariña lucense a coñecer os distintos programas e liñas de axudas en materia de vivenda ás que poden optar os cidadáns e os concellos.
Esta nova sesión dos encontros informativos #ConstruíndoFogar terá lugar o vindeiro martes, 12 de xullo, ás 10,30 horas, no salón de actos das Escolas Vellas de Cervo, e contará coa presenza de persoal técnico do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para informar dos detalles da trintena de liñas de incentivos que xestiona o Goberno galego este ano no eido residencial e resolver as posibles dúbidas dos asistentes.
Trátase do terceiro destes foros que se celebra na provincia de Lugo e o décimo terceiro no conxunto da Comunidade, que, ademais, supón o peche desta rolda de encontros informativos. Aínda que o evento está aberto ao público en xeral, foron convocados representantes municipais dos quince concellos que integran a comarca —A Pontenova, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Xove—; de entidades profesionais, como os colexios de arquitectos, de enxeñeiros técnicos e de peritos agrícolas, así como de empresas do sector da vivenda e da rehabilitación residencial, como inmobiliarias, xestores de comunidades de veciños ou construtores desta área xeográfica.
O obxectivo é informar dos requisitos que se deben cumprir para poder beneficiarse de cada axuda, así como dos trámites que se deben realizar ante a Xunta para acceder aos incentivos dispoñibles ao abeiro da convocatoria de 2022, tanto dos programas que xa están abertos como daqueles pendentes aínda de publicación.
Así, o IGVS dará conta dos diferentes programas dispoñibles para fomentar a rehabilitación do parque de vivendas de Galicia, a maioría deles dirixidos aos particulares, pero tamén nalgún caso dirixidos exclusivamente aos concellos.
Ademais, brindarase información sobre as distintas liñas de axudas para facilitar o acceso a unha vivenda, tanto en réxime de compra como de alugueiro.
No encontro tamén se fará especial fincapé naqueles programas que benefician de xeito particular aos concellos da zona, como poden ser, no caso da Mariña, as axudas á área de rehabilitación supramunicipal dos Camiños de Santiago, xa que por Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, Ribadeo e Trabada discorre o Camiño do Norte; ou distintas liñas de subvencións para rehabilitación enerxética convocadas nos últimos meses para mellorar a eficiencia dos inmobles como poden ser o cambio de ventás, a mellora de cubertas e fachadas ou a substitución de equipos de calefacción e auga quente.
A nova Oficina de rehabilitación de vivenda
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considera fundamentais estes encontros para dar a coñecer a existencia de todas as liñas de subvención dispoñibles, para animar aos posibles beneficiarios a presentar as súas solicitudes poñendo á súa disposición información directa, práctica e útil, e, sobre todo, para brindar o acceso aos recursos públicos ao destinatario final dos mesmos: a sociedade galega.
Así mesmo, o encontro organizado en Cervo servirá para presentar a Oficina de rehabilitación de vivenda, posta en marcha no mes de marzo pola Xunta para servir como punto informativo desde o que asesorar e dar a coñecer entre os potenciais beneficiarios os novos programas de axudas con fondos europeos en materia residencial.
Esta oficina, localizada en Santiago de Compostela, ao carón da sede central do IGVS, permanece aberta de luns a venres polas mañás, en horario de 9 a 14 horas, e ofrece atención tanto presencial, mediante cita previa, como por teléfono, a través do número 881 045 897.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



