A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo participou na presentación da novena edición desta cita musical, que se celebrará do 12 ao 24 de agosto nos concellos de Viveiro, Foz, Lourenzá, Cervo, Mondoñedo, Ribadeo, Barreiros e A Pontenova
Lugo, 18 de xullo de 2022. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este luns no CENIMA de Foz na presentación dunha nova edición do Festival Bal y Gay, unha cita que a institución provincial impulsa cunha achega económica de 12.000€ como referente cultural e turístico na provincia. A programación celebrarase do 12 ao 24 de agosto en oito concellos da Mariña.
No acto tomaron parte o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, e a directora do Festival Bal y Gay, Alba Rodríguez.
Pilar García Porto puxo en valor este evento musical que “xa é unha cita fundamental na oferta turística da provincia de Lugo”. “Polas súas características e pola súa itinerancia por distintos concellos, ten capacidade para atraer un turismo cultural que está plenamente integrado no modelo que impulsamos dende a Deputación: de calidade, sostible, de experiencias e que pon en valor o noso patrimonio”.
A novena edición do festival, Música á beira do mar, contará cunha programación máis ampla de concertos, obradoiros e actividades para toda a familia que o ano pasado e percorrerá os concellos de Viveiro, Foz, Lourenzá, Cervo, Mondoñedo, Ribadeo, Barreiros e A Pontenova.
A programación deseñada para este ano permitirá que o público que se achegue ata a Mariña goce de artistas de primeiro nivel en escenarios cun alto valor artístico. “O Festival Bal y Gay é unha cita obrigada para músicos internacionais de prestixio e tamén un campus de excelencia, no que os intérpretes máis novos poden aprender de expertos que veñen das mellores orquestras do mundo”, explicou a Deputada.
Felicitou tamén á Fundación Bal y Gay, organizadora da cita, polo seu traballo nos distintos proxectos levados a cabo, así como por presentar “un programa máis ambicioso, que chegará a máis espazos e que converterá á Mariña na capital da música clásica durante dúas semanas”, recalcou.
O programa
O 12 de agosto, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a Real Filarmonía inaugurará con obras de Xosé Bal y Gay e Beethoven a novena edición deste festival. Ao día seguinte será o Cuarteto Armida o que poña música no Pazo do Conde Fontao a través das pezas de Bach, Nikodijevic e Mozart. A Igrexa de Santiago de Foz acollerá o 14 de agosto o concerto do contratenor, Carlos Mena, e o 17 de agosto será o Dúo del Valle o que faga soar a Mozart e Schubert na Fábrica de Sargadelos, de Cervo. Andreas Prittwitz soará na Finca A Goleta o 18 de agosto.
A pianista Elisabeth Leonskaja interpretará tres sonatas de Beethoven no Auditorio Hernán Naval, de Ribadeo, o día 21. Mondoñedo acollerá, no auditorio Pascual Veiga, o concerto do violonchelista Pablo Ferrández, que acaba de ser galardoado co Opus Klassik Award ao novo Artista do Ano, tras a publicación do seu primeiro álbum. O Cuarteto Quiroga volverá soar nesta cita musical o día 23 de agosto na Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, e será a Orquestra Sinfónica de Galicia, con Lucas Macías como director e Serena Saenz de soprano, os que pechen este programa musical na Catedral de Mondoñedo o día 24 de agosto.
Esta edición conta con tres concertos extraordinarios, dous da man de Títeres Etcétera dirixidos ao público infantil, en Ribadeo e Foz o 15 e 16 de agosto, e Skirion, o 19 de agosto, en Barreiros e Vilanova de Lourenzá.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



