CCOO reúnese cos alcaldes e alcaldesas da franxa costeira da Mariña para tratar a situación do ferrocarril de ancho métrico que discorre pola comarca.O sindicato propón un servizo de proximidade con conexións intermodais co bus na estación de Burela, para conectar o Hospital da Mariña e a bonificación dos títulos de transporte
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022. En pleno debate sobre a importancia do transporte publico, e do ferrocarril de cercanías en especial, como medida de aforro enerxético ante os problemas de abastecementos e a alza de prezos dos carburantes , o anunciado polo Goberno da gratuidade a partir de setembro dos abonos de transporte en proximidades e media distancia convencional, os usuarios e usuarias do tren na Mariña non se van beneficiar da medida, xa que nas liñas de vía estreita só existen abonos multiviaxe nos tramos de proximidade e nesta en concreto só existe como tal o traxecto comprendido entre Ferrol e Ortigueira.
Desde a Unión Europea hai unha aposta polo ferrocarril como medio de transporte máis ecolóxico e sostible, e téñense que presentar proxectos para que estean incluídos nos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, entre os cales deberían incluírse os necesarios para o impulso desta liña ferroviaria.na tarde de onte, unha representación de CCOO, formada por Gregorio Bermejo Verdejo, coordinador do Sector Ferroviario en Galicia, M.ª José Novoa Villarejo, secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO na Mariña, Ana María Sanmiguel Gómez, secretaria xeral da Sección Sindical de Adif-Renfe na provincia de Lugo, e Sabas Martínez Rodríguez, delegado sindical de Adif en Ribadeo, mantiveron unha xuntanza cos alcaldes dos concellos da Comarca da Mariña.
Na tarde de onte, unha representación do sindicato trasladáronlles un breve informe da situación da liña, sobre todo desde que se produciu a integración de FEVE en ADIF e Renfe, pois os investimentos se limitaron a actuacións puntuais de mantemento; proba disto é que existen limitacións temporais de velocidade desde hai máis de vinte anos e cando hai temporais prodúcense numerosos incidentes en trincheiras e zonas de árbores.
Tamén informaron de que as numerosas incidencias que se producen nos servizos de viaxeiros, con supresións e transbordos, débense a que unha parte da frota que se usa ten moita antigüidade e os trens menos antigos sempre deron moitos problemas por deseño de fabricación, ao que hai que sumar o deficiente mantemento pola falta de repostos debido aos escasos orzamentos para esta zona.
Falta de persoal nas estacións
Outro dos asuntos tratados é a non presenza de persoal ferroviario de Renfe nas estacións de Viveiro, Xove, Burela e Ribadeo, que obriga os viaxeiros a comprar os billetes nas máquinas de autovenda instaladas nas estacións, cuestión que prexudica os usuarios de idade avanzada. A empresa ten a intención de cambiar as máquinas de autovenda por terminais con operadores telemáticos para a información e venda dos títulos de transporte.
Servizo insuficente
Desde CCOO cremos que a oferta de servizos ferroviarios é insuficente, xa que só hai catro servizos por sentido e día entre Ferrol e Ribadeo, dous dos cales son conexións con Asturias. Deberíanse realizar xestións para incrementar a oferta cun servizos de proximidade que nalgún caso tería que ser entre Ribadeo e Viveiro, con prolongación dalgún ata Ortigueira para dar un servizo de calidade en toda a comarca a estudantes, traballadores e demais usuarios, e aproveitar a intermodalidade cos buses na estación de Burela para conectar co Hospital da Mariña e os institutos.
Expuxémoslles que A Mariña é unha zona pola que se desprazan moitos turistas en época estival, ademais de en datas puntuais como a Semana Santa e coincidindo con eventos folclóricos e festivais musicais, polo que sería importante incrementar os servizos ferroviarios nestas datas e que se solicitase a construción dun apeadoiro xunta a praia das Catedrais, que é un dos puntos máis visitado de Galicia, polo que parece inconcibible que non teña unha parada ou ferrocarril.
Por todo o exposto, transmitímoslles esta información aos alcaldes dos concellos por onde discorre esta liña para que, a través dos organismos competentes, se realicen as reclamacións e xestións oportunas e, se procede, convocar a todos os axentes sociais para acordar as accións que se estimen convenientes co fin de conseguir un mellor servizo ferroviario, dado que o ferrocarril é un dos medios de transporte público máis sostible tanto social como ambientalmente.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



