Foz, 22 de xullo, 2022. O Tenente de Alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego Bermúdez anuncia que as actuacións comezaron a pasada semana, coa limpeza e nivelado dunha parcela a carón do CEIP Fondo Nois, cedida por un particular, D. Manuel Pardo, ao que o Tenente de Alcalde agradece a súa colaboración desinteresada. Esta actuación pódese levar a cabo grazas áo acordo entre a deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo, Mónica Freire e o Tenente alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego, que acordaron o investimento, e subliñan que “co inicio das obras cúmprese co compromiso adquirido coa veciñanza, con axilidade e eficacia, como nos propuxemos desde o inicio desta colaboración entre as dúas institucións”.
Nesta parcela crearase unha zona de aparcadoiro de areón compacto con 40 prazas, respondendo así a unha demanda da ANPA do centro que dará servizo tanto ao CEIP como á praia de Polas. As obras contribuíran a mellorar a fluidez e a seguridade na zona nas horas de saída e entrada do colexio. O lugar tamén está preto da praia de Polas polo que se agarda que sirva para o estacionamento de vehículos das persoas que se achegan ao areal e permitirá poñer tamén en valor e protexer este espazo natural.
O proxecto, que está a executar Tragsa, contempla tamén o acondicionamento do aparcadoiro de Costa do Castro, fronte ao cemiterio parroquial, con aglomerado e suporá un investimento total de 37.000 euros por parte de Medio Rural da Deputación de Lugo.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



