Foz, 26 de xullo de 2022. O concerto do Día da Patria da Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, xuntou a numeroso público no Campo de San Francisco onte, luns.
A Banda ribadense interpretou un repertorio moi variado: Balancé, de Reveriano Soutullo; Balada Galega, de Xoán Montes; Torre de Arena, de M. Gordillo; A Cova do Rei Cintolo, de Frank J. Cogollos; Allegretto Sinfonía nº7, de Ludwig van Beethoven; Medley Boleros, con arranxos de J. Molina; The Firebird, de Igor Stravinsky; O Chopo, de Manuel Iglesias Domínguez; Eye of the tiger, de F. Sullivan e J. Peterik; e Got You (I feel Good), de James Brown. Os bises foron Mozos de Penedo e o Himno Galego.
Na peza A Cova do Rei Cintolo actuou como narrador Manel Yáñez, a quen agradeceu a súa participación o director da Banda, que tamén deu as grazas ao público pola súa asistencia e polos seus os aplausos.
As próximas actuacións da Banda Municipal de Ribadeo na vila ribadense serán o 16 de agosto na festa de San Roque, o 20 de agosto no Festival de Bandas, que será no auditorio municipal Hernán Naval; e o 28 de agosto no concerto de música de cine no Campo de San Francisco.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



