A cita dará comezo o sábado 30 de xullo, a partir das 20:30 horas, coas actuacións do Grupo Ximelga La Saya (Avilés), a Asociación Coros y Danzas Fermento (Valdepeñas-Ciudad Real) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro
Cervo, 29 de xullo de 2022. O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico Nacional e Infantil que se celebrará en San Cibrao, na Praza dos Campos, esta próxima fin de semana, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.
Así, o sábado 30 terá lugar o Festival Nacional que arrincará ás 20:30 horas coa participación dos grupos Ximelga la Saya (Avilés), a Asociación Coros y Danzas Fermento (Valdepeñas, Ciudad Real) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.
Xa o domingo 31 será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19:00h actuarán os grupos: Asociación Cultural Amado Lar (Valadouro), o Grupo Folklórico Pindusa (Viveiro), o Grupo Folklórico Ledaiña (Viveiro) e rematará a sección infantil do Grupo Organizador, Mistura.
O domingo haberá ademais venta de bolos preñados e empanada, así como o sorteo de unha espectacular cesta elaborada con produtos doados polos comerciantes da zona.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo “felicitar ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.
Villares aplaudiu así o seu labor e a súa vontade de “volver compartir con todos nós o seu talento, logo de dous anos de pandemia moi duros en todos os aspectos que nos obrigaron a facer un gran paréntese tamén na faceta cultural”.
Pola súa banda Caramés apuntou que agardamos que todo o Pobo participe nesta actividade e asista a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



