A xestora que preside Roberto Díaz conta con Sandra Gómez Maradona, Francisco Javier Rodríguez Barrera, Antonio Rego Rey, Eduardo Reigosa Braña, Jesús Villarino Gavín e Mariano de la Torre Galindo, “un grupo aberto á integración daquelas persoas que queiran traballar por Lourenzá”
Lourenzá, 29 de xullo de 2022. O Partido Popular refórzase en Lourenzá para intensificar o traballo na defensa dos intereses dos laurentinos. Ese é o principal obxectivo da agrupación local que vén de constituír a xestora presidida por Roberto Díaz Expósito. A formación popular continúa así a “fortalecerse para crear unha alternativa de cara ás vindeiras eleccións municipais”. De feito, “o Partido Popular estivo no goberno municipal ata fai sete anos”.
A constitución da xestora tivo lugar nunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP – a presidenta, Elena Candia; o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; e o secretario de organización, Javier Vázquez Prado- que agradeceron “o compromiso de traballo dos integrantes”.
A xestora conta, xunto a Roberto Díaz Expósito, con Sandra Gómez Maradona, Francisco Javier Rodríguez Barrera, Antonio Rego Rey, Eduardo Reigosa Braña, Jesús Villarino Gavín e Mariano de la Torre Galindo. O presidente sinalou que se trata “dun grupo aberto á integración daquelas persoas que queiran traballar por Lourenzá”.
“O obxectivo do PP de Lourenzá é o de traballar para mellorar Lourenzá e beneficiar aos nosos veciños. Temos ideas e ganas de traballar e, entre todos, seguro que podemos facer que un pobo mellor para todos os veciños, un municipio no que investir para crear empregos e asentar familias e, polo tanto, asegurar o seu futuro”.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



