Castiñeira destaca que, lamentablemente, “entre Cajoto e Tomé teñen parado o servizo municipal de Urbanismo”
Foz, 6 de setembro de 2022. Todos os servizos municipais inciden directamente na vida dos cidadáns e, case todos, teñen moito que ver coa evolución da economía local. Cando os servizos municipais non funcionan coa dilixencia debida reséntense a calidade de vida dos veciños e a economía municipal. En Foz, hai servizos, como o de Urbanismo, que están condicionando negativamente tanto a calidade de vida como a economía. Así o sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, que denuncia “o enredo, o caos que ten montado o alcalde, Fran Cajoto (PSOE), coas licencias municipais”. Por este motivo chegan ao PP “queixas de moitísimos veciños, que nos trasladan que levan meses esperando polos permisos de obra, que non chegan”.
Castiñeira explica que algúns solicitantes “levan meses esperando pola licencia de obras; pretendían executar os traballos durante o verán, pasou, e seguen sen eses permisos”. Engade: “É algo que non nos sorprende, porque levamos tempo denunciando a falta de tramitación administrativa que se dá baixo a dirección deste equipo de goberno, que é moi pouco executivo, que sigue en prácticas despois de tres anos e está falto de dilixencia; é moi pouco áxil”.
Os populares din que o de Foz “é un goberno que, a pesar de ser o máis amplo e o máis caro da historia local, non é capaz de aproveitar as sinerxías coa Deputación de Lugo, que ten un servizo de cooperación que debera axudar neste asunto”. Tamén na Deputación hai problemas, debido á xestión do presidente José Tomé (PSOE). Castiñeira di: “Polo que sabemos, este servizo tamén está saturado. O propio Tomé ten falta de efectivos en Cooperación; nunca houbo tan pouca xente para axudar aos concellos a desatascar estes asuntos e, lamentablemente, entre Cajoto e Tomé teñen parado o servizo de Urbanismo”.
No PP din que o que ocorre coas licencias de obra “non é unha casualidade, porque igual que pasa con estes permisos, que non se tramitan no tempo adecuado, ocorre co servizo de Axuda no Fogar, un dos máis importantes que ten o noso concello, e mesmo co contrato da depuración e saneamento, que leva todo o mandato caducado”.
Castiñeira resume: “Esta é a dinámica dun goberno absolutamente en prácticas e pouco dilixente, como é o bipartito de Foz; o problema das licencias é unha mostra máis de que gobernar non é unha cuestión de propaganda senón de facer as cousas, de ser executivo e de servir de maneira práctica aos nosos veciños, algo que non son capaces de facer PSOE e BNG”.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



